IGREXA DE GUITIRIZ
GUITIRIZ
LUGO


Situada na Praza Sagrado Corazón de María, na capital do Concello.
Foi construída entre os anos 1949-1968. O seu estilo é Neorrománico e
foi mandada construír polo párroco de aquel entonces Don Manuel Bande
López.
A construcción desta igrexa obedece a unha situción moi concreta.
Tras a Guerra Civil, permaneceron aloxados en Guitiriz, centenares de
soldados e ademais íase construir un campo de aviación, polo que
Guitiriz podía chegar a converterse nunha importante cidade entre Lugo e
Coruña, e ante este incremento de poboación a “Igrexa Vella” quedaba
pequena, polo que o Parroco considerou necesario levantar un novo Templo
de grandes dimensións.
Contan cá súa construción foi posible grazas ós donativos dos veciños, e dos visitantes ó Balneario.
Esta igrexa imita ó estilo Románico, ten planta de Cruz Latina e na súa fachada podemos observar rascos característicos deste estilo como son, os arcos de medio punto con derrame externo e o rosetón, no que destaca a figura de San Xoán Bautista.
A edificación fixose con granito da canteira guitiricense, básicamente có material extraído da canteira de Mariz.
Como curiosidade destacamos que a Casa Reitoral e o Salón Parroquial están adosados a igrexa.
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901