DEIXE QUE XA.......
CONTO
CONTO
O tío Xacobe era un home amigo dos preitos e sempre lle saíran ben. Un
día cavilou de ponerlle preito a un seu veciño que tiña unha maceira que
botara as ponlas por riba da súa horta:
-Se eu teño dereito ás mazás que caen na miña, as que dá a ponla tamén podo pillalas eu -pensou.
E púxose a recollelas, mais cando o viu o veciño non llas deixou
pillar, e el amenazouno con poñerlle preito. O veciño díxolle que fixera
como quixera pois non había levar razón.
O tío Xacobe foi xunto do escribán que ao velo preguntoulle:
-¡E logo, tío Xacobe! ¿Que é o que o trae por esta casa?
-Pois, señor, pasei onda a súa porta e dixen:"¡Canto hai que non vexo o
señor escribán! E como tiña vagar, entrei botar unha parrafada".
-Voulle vello, señor, voulle vello, e para o que un vai vivir..............
-Ai, tío Xacobe, se todos falaran así, ¿que seía de nós?
¡Boh! O falar non lle ten cancela.....E, a propósito, a ¿vostede gústanlle as pavías do Ribeiro?
-Gustan.
-Pois, deixe que xa.....
Seguiron falando e o vello preguntou:
-¿Sabe que séra que me contaron que tiña cuestión cun veciño porque
seica as ponlas dunha maceira do outro pasábanlle por riba da súa e
queríalle pillar as mazás?
-Non sei quen poida ser.
-¿E a vostede que lle parece? ¿Que tiña ou que non tiña dereito?
-Home o uso é que a froita que caia é para o dono da terra onde caeu
mais a que está na arbore non a pode pillar, que non é del.
Cando deixou ao escribán, o tío Xacobe comprendeu que non pagaba a pena poñerlle preito ao veciño.
Pasaron días e o tío Xacobe, que moito cismara, pillou unha escada e
unha serra e foise tumbar as ponlas da maceira do veciño. Xa tronzara
unha e comenzaba con outra cando apareceu o dono da maceira. Rifaron e o
tío Xacobe tivo que deixalo, non sen antes falar de lle poñer preito.
E foise logo a ver o escribán.
-¡E logo, tío Xacobe! ¿Que é o que o trae por esta casa?
-Pois señor, véñolle porque o outro día ofrecinlle as pavías do Ribeiro
e cando cheguei á casa os rapaces coméranas todas, ¡mais deixe que non
ha perder cousa! ¿Gústanlle as toitas? ¿Si? Pois deixe xa....
E coma sempre puxéronse a falar e tío Xacobe argallou un conto para
saber se gañaría o preito, de llo poñer ao veciño, e cando marchou
comprendeu que non pagaba a pena poñelo.
O veciño do tío Xacobe, que non lle gustaban as cuestións e menos aínda
meterse na xusticia, coa caraxe que tomara, foise e, ao outro día,
tronzou a maceira.
-¡Ei, carafio! -fixo o tío xacobe-. ¡Ti seica me queres amolar!¡Eso si que non!
E coa mesma foi pé do escribán.
Cando o tío Xacobe pediu licenza, o escribán refregou as mans e pensou
que por fin viñan as troitas e aquel día xa falou ao chegar:
-Señor escribán, o meu veciño tronzou a maceira e quérolle poñer
preito. El non podia cortala sen meu consentimento. Eu apañaba as mazás
que caían na miña horta e, se el tronza a maceira, non podo apañalas,
faime unha perda, e como me fai perda, ten que dar resarcimento, ¿non
si?
-Home, habería que estudar a cuestión ¡e teño tanto traballo!
-Coma min, coma min, así foi que me esquenceron as troitas pero teñolle na casa unha lebre que é moita lebre.
¿A vostede gústalle a lebre?
-¿Gustame abofé!
-Pois deixe que xa..... E, daquela, ¿que é o que lle parece o meu preito?
XOAN ARCO DA VELLA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901