CAPELA DE SAN XAQUIN
ILLA DE ONS
BUEU
A Illa xa estaba habitada na Idade de Bronce, como puso de manifesto os numerosos achegos (hacha de talón...) de materiais desta época atopados por toda a superficie isleña. Existen dous castros, Castelo dos Mouros e Cova da Loba; un sepulcro antropomorfo; restos do que puido ser oMosteiro o hábitat monacal da Illa.
A primeira referencia histórica data do ano 899, na que foi doada o Cabildo Compostelán polos reis Alfonso III o Magno, Ordoño II e Alfonso V.
No século XVI, aparece a familia Montenegro como dona da Illa, o serlle cedida polo Arcebispo Gaspar de Zuñiga y Avellaneda, o que se pode comprobar polos documentos existentes no Museo de Pontevedra do foreiro pagador a Don Antonio Sarmiento Montenegro. Este asentamento viuse obrigado a fuxir a comezos do século XVII polas aterradoras incursións cara a a costa dos corsarios norteños e piratas turcos. Con posterioridade foi pasada en herdade os descendentes de Montenegro, que gozaron da súa propiedade ata o ano 1810 cando a Xunta Provincial de Armamento e Defensa da provincia de Santiago ordena defender a entrada da Ría de Pontevedra. Para sufragar os enomes gastos, decidiuse dividir a Illa en Accións de Primeira Clase a aqueles que a quixesen traballar tendo que pagar un canon a modo de xuro.
Ata o ano 1936 goza dunha década de benestar e prosperidade, xa que o gran número de polvos e o dominio dos isleños na arte da pesca e da Dorna , os converte no principal punto de referencia cando se fala deste cefalópodo nas Rías Baixas
A Illa é expropiada no ano 1941, polo ramo da Guerra, e foi pasando a través dos nos dun organismo a outro, COLONIZACIÓN, ICONA, IRIDA ata que finalmente no ano 1984 foi transferida a XUNTA DE GALICIA.
Hoxe constitúe un ben de dominio público, pero con unha situación veciñal aínda pendente de resolver, mentres que os veciños, reclaman o dereito a súa propiedade das casas que eles e os seus antepasados construíron, o goberno autónomo dedícase a realizar un estudio xurídico para solucionar esta insólita situación.
VIDEO
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901