viernes, 5 de octubre de 2012

AS BUGANVÍLEAS E A CASIÑA - CONTO DE MI


AS BUGANVÍLEAS E A CASIÑA


     
     Preto dun regato, no medio de árbores moi vellas, atópase unha casa con muros, escanos e patín de pedra, ben cubertos de carriza.

     O teito é de madeira de castiñeiro, e as tellas , son do país. 


     As mais delas esganifadas.


     No interior unha lareira afumada e unha pila.

     Notase que hai tempo que ninguén fai vida nela.


     Claro que isto no é de todo certo pois no seu muro, o que mira cara o sur-este, medra con forza unha especie de árbore curiosa.


     O seu tronco está formado por outros mais miúdos, arbustos leñosos, que entre eles mistúrasen e confúndense hasta chagar a unas polas moi verdes, que no seu tramo final, mudan a cores diferentes, intensos. 

     Para rematar o encanto, unas floriñas, cativas e brancas, amósanse pintureiras.

     Comentan os veciños do lugar que nesa casa morou unha persoa que pasou parte da súa vida amando a natureza e as cores, facendo "tándem" con elas.


     Pouco mais saben, era moi calada, din.

     Imaxinan que alguén que chegara de eidos de lonxe, pode que de sudamerica, regaláralle aquelas matiñas, e que hoxe atopábanse a carón da casa dandolle cor.

     O certo é que dende a distancia, pódese ver unha chea de alegría sobre as pedras escuras.


     De preto, un decátase de que é un recuncho especial.

     Máxico

     Para quen sexa capaz de velo, de disfrutalo, convírtese nun eido misturado, onde poderíase tomar escola da casa velliña e das buganvíleas.

Mi.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901