sábado, 6 de octubre de 2012

A MULLER DE BOA PAZ - CONTO


A MULLER DE BOA PAZ
CONTO

   
    Era un home e unha muller, e a muller era tan boa paz que nunca o home a vira incomodada. Por máis que fixera, ela sempre lle daba a razón.

   Un  día, o home viña do monte coa burra " con perdon " e, para metela na casa quixo metela do revés, co rabo para a casa e a cabeza para fóra, para ver se a sua muller, que estaba na cociña, se incomodaba. A muller estaba oíndo como o home lle decía á burra que entrara e como a burra non quería entrar. E ela, calada sen decir nadiña. Pero, vendo que pasaba o tempo e o home non daba metido a burra saíu e, con moito cariño díxolle á burra tirándolle polo rabo:

   -Entra burriña, entra esta vez polo rabo, ¡ que polo fociño xa tes entrado moitas veces ¡

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901