jueves, 11 de octubre de 2012

SANTUARIO VIRXEN PEREGRINA

SANTUARIO
VIRXEN PEREGRINA
PONTEVEDRA

 

     A capela da Virxe Peregrina é un templo relixioso situado en Pontevedra



     Foi construída a partir do 18 de xuño de 1778, seguindo un proxecto de Antonio Souto costeado pola cofradía da súa advocación. A primeira misa celebrouse o 2 de agosto de 1794.


     A orixe da capela remóntase a 1753, ano no que se fundou unha congregación dedicada ao culto da Virxe do Camiño, que posteriormente deu lugar na Congregación da nosa Señora do Refuxio a Divina Peregrina.


     En 1757 elaborouse un altar para a imaxe da Virxe Peregrina na capela da Virxe do Camiño, o que se traduciu na aparición de problemas propios de ter dúas imaxes con diferente tutela (recollida de esmolas, repique de campás...).


     A xustiza e o goberno municipal, por estes e outros motivos, ordena sacar a imaxe e o retablo do templo, que se trasladan a unha nova capela de madeira nun solar extramuros, xunto á Porta de Trabancas


     Dous anos máis tarde, ao abrirse unha canteira nun monte propiedade dun dos membros da congregación en San Amaro de Moldes ponse a primeira pedra do santuario. A súa construción remata en 1792, ano no que se penduran as campás, a porta, as vidreiras e máis tarde o adro, consagrado dous anos máis tarde.


     Cara a 1795, debido a unha treboada que causa graves danos ao templo, derrúbase parte da súa torre norte, e non será arranxada até 80 anos despois (1873), intre no que se instalan tamén dous pararraios. Non só a Capela sufriu mudanzas.

 
     A contorna no que nun inicio situouse a capela tamén mudou. A cidade sufriu unha importante remodelación urbanística desde mediados do século XIX, e o adro substituíuse por unha grande escalinata.


     En 1981 lévase a cabo a primeira restauración do Santuario para reparar danos estruturais importantes (había grandes fendas no edificio producidas por un desprazamento dos alicerces). Foi levada a cabo por César Portela e Xosé Bar Boo. 

     O templo foi sometido a unha profunda rehabilitación entre 2007 e 2008, dado que debido ao peso da construción e a carencia de contrafortes, así como ao impacto de diversos raios, a edificación sofría serios danos. Tamén se restauraron as vidreiras, muros, a pintura e o reloxo da torre entre outros elementos.


     En 1981 lévase a cabo a primeira restauración do Santuario para reparar danos estruturais importantes (había grandes fendas no edificio producidas por un desprazamento dos alicerces). Foi levada a cabo por César Portela e Xosé Bar Boo.


     O templo foi sometido a unha profunda rehabilitación entre 2007 e 2008, dado que debido ao peso da construción e a carencia de contraforte, así como ao impacto de diversos raios, a edificación sofría serios danos. Tamén se restauraron as vidreiras, muros, a pintura e o reloxo da torre entre outros elementos.


     Ten planta de cuncha de vieira, símbolo dos peregrinos, con remate en cruz. É de estilo barroco tardío con formas neoclásicas, así como o seu retablo maior, de 1789


     A imaxe central da patroa é do século XIX. A fachada, con tres hornacinas coas figuras de san Roque, Santiago Apóstolo e santa María, ten dúas torres e unha alegoría da fe.

 

    Na entrada hai unha cuncha, que sirve de pía de auga bendita, traída polo mariño Casto Méndez Núñez do océano Pacífico



     O reloxo da torre foi instalado en 1896, procedente do Hospital de San Xoán de Deus. O chan de mármore foi instalado en 1964, por unha doazón de Manuel Durán.



     No seu adro hai unha fonte cunha estatua de Teucro.




VIDEO
MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901