sábado, 13 de octubre de 2012

HERBA DE NAMORAR - ARMERICA MARITIMA

HERBA DE NAMORAR
HERBA EMPREÑADEIRA
ARMERICA MARITIMA


     A herba de namorar ou herba empreñadeira (Armeria maritima) é unha planta herbácea de folla perenne pertencente á familia Plumbaginaceae

     A herba de namorar medra formando pequenos matos compactos duns 20 ou 30 cm, na parte superior dos cantís e ao longo da costa, ata onde chega o salitre do mar. Tamén o fai nas marismas, xuncais, e en solos xeralmente areosos.

     
     As súas follas, estreitas e liñais, son dunha cor verde intensa. As flores, de cor branca, vermella, ou lila, únense formando capítulos rodeados de brácteas escabiosas. A súa floración ten lugar no verán, entre os meses de maio e xuño e ás veces durante o outono.

    
     Fóra do seu habitat natural, emprégase como planta ornamental en xardíns, como tapizante de solos pobres e areosos ou para cubrir espazos entre rochas. Entre as variedades máis cultivadas destacan a Armeria maritima alba, de flores brancas, e a Armeria maritima vindictive, de flores rosa vivo.

 

     A súa reprodución ten lugar no verán. A herba de namorar espállase por esquexes ou por división de matas a comenzos da primavera. Ás veces forma híbridos coa Armeria pubigera, sendo estes moi díficiles de distinguir.
 
     A herba de namorar distribúese ao longo de todo o hemisferio norte.
 
     A armeria utilízase en fórmulas máxicas relacionadas co matrimonio e a fecundidade. Quizais veñan de aí os nomes populares cos que se coñece.
 
  • A herba de namorar,/ a herba namoradeira,/ a herba de namorar,/ tráiocha na faltriqueira.
 
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901