ALDEA ABANDONADA DE A LABRADA
CAROI
CERDEDO COTOBADE
Caroi
Santiago de Caroi é unha parroquia do concello de Cerdedo-Cotobade.
Segundo o IGE en 2016 tiña 128 habitantes (61 homes e 67 mulleres), 29 menos ca en 2006. Dos 12 lugares da parroquia, están habitados 11.
Historia
O topónimo posiblemente teña a súa orixe na raíz preindoeuropea kar (pedra), polo rochoso da zona.
A parroquia pertenceu até 1904 ao veciño concello da Lama.
Poboación
Caroi presenta un modelo poboacional típico do rural galego, cunha perda pequena e constante de veciños. No ano 2000, vivían no lugar (INE) 179 habitantes (82 homes e 97 mulleres).
En 2001 tivo 184 habitantes, e desde entón a poboación comezou a decrecer.
Patrimonio
Nesta parroquia, ademais da igrexa parroquial, están a capela do Neno Xesús e a capela de Santa Mariña, onde se celebra a romaría o 18 de xullo. En 1917 construíuse a escola de nenos, e en 1931 a escola de nenas, rehabilitada en 2013.
Hai tempo había na ladeira do monte Seixo nunha zona de neves perpetuas unha neveira de xeo usada para levar ao porto de Marín para conservar o peixe.
Lugares de Caroi
A Bouza do Home, Bouzas, A Casola, A Cima de Vila, A Costa, O Coto, A Eirexe, Fraguas, A Graña, A Laxa, Medelo, O Porto
Cerdedo-Cotobade
Cerdedo-Cotobade é un concello da provincia de Pontevedra creado o 22 de setembro de 2016 a partir da fusión dos concellos de Cerdedo e Cotobade.
Ten 5.815 habitantes (suma de datos do IGE 2018) e unha superficie de 214,5 km².
Limita cos concellos de Pontevedra, Campo Lameiro, A Estrada, Forcarei, A Lama e Ponte Caldelas.
Toponimia
O topónimo procede da combinación do concello de Cerdedo e do concello de Cotobade trala súa fusión.
Cerdedo
Cerdedo, como Cerdido, é un fitotopónimo abundancial para un lugar con presenza de cerdeiras.
Cotobade
En ocasións pensouse que o topónimo Cotobade derivaba de couto do abade, dado que toda a comarca pertencía á antiga xurisdición que exercía o superior do convento de bieitos de Tenorio, e como tamén mal referenciara o Padre Sarmiento.
O nome aparece referenciado ao logo da historia coma: Castro Cutubade cum tota terra sua (ano 1180); Terra que dicitur Montes in qua est castellum Cutubadi (ano 1182), Terra que dicitur Montes in qua est castellum Cutubadi (ano 1188); castrum quod dicitur Cotobadi cum pertinentiis suis (ano 1199), castrum quod dicitur Cotobade (ano 1225).
Cotobade débese descompoñer en coto, palabra galaica de orixe prerromana *Cotto (…) e un nome persoal en xenitivo Bade, o cal se repite illado na toponimia galega e parece que non é aférese de abbas -atis, "abade", senón o antropónimo Vatis (Ares 2001:74).
Patrimonio
Patrimonio arqueolóxico
Calzada do monte Pé da Múa.
Petróglifos de Pedra das Ferraduras, na parroquia de San Xurxo de Sacos e de Portela da Laxe, na parroquia de Viascón.
Patrimonio arquitectónico
Igrexa de San Martiño de Rebordelo.
Igrexa de San Xurxo de Sacos.
Igrexa de Santa María de Sacos.
Mosteiro de San Pedro de Tenorio.
Ponte sobre o río Lérez.
Capela de Santo Antón en San Xoán de Cerdedo.
Capela de San Bartolomeu en Chamadoira.
Etnografía
Festas e celebracións
A festa da vincha, celebrada durante o entroido en Cerdedo;
A festa do xabarín, celebrada en abril en Cerdedo;
A rapa das bestas, celebrada no mes de agosto en Cuspedriños;
A festa do requeixo, celebrada en xuño en Corredoira;
A festa da filloa, celebrada en setembro en Valongo.
Parroquias de Cerdedo-Cotobade
Aguasantas (Santa María), Almofrei (San Lourenzo), Borela (San Martiño), Carballedo (San Miguel), Caroi (Santiago), Castro (Santa Baia), Cerdedo (San Xoán), Corredoira (San Gregorio), Figueiroa (San Martiño), Folgoso (Santa María), Loureiro (Santiago), Parada (San Pedro) | Pedre (Santo Estevo), Quireza (San Tomé), Rebordelo (San Martiño), Sacos (Santa María) | San Xurxo de Sacos (San Xurxo), Tenorio (San Pedro), Tomonde (Santa María) Valongo (Santo André), Viascón (Santiago)
Comarca de Tabeirós - Terra de Montes
A comarca de Tabeirós - Terra de Montes é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é A Estrada. Pertencen a esta comarca os concellos de Cerdedo (fusionado co concello de Cotobade, da comarca de Pontevedra), A Estrada e Forcarei.
A comarca como o seu nome indica está formada por dúas partes diferenciadas, por unha banda Tabeirós (integrada polo concello da Estrada) e por outra banda a comarca histórica de Terra de Montes.
Localización e características
Esta comarca de 528,98 km² sitúase entre as Terras do Deza e as da costa e nela distínguense dúas unidades xeográficas distintas: a Terra de Tabeirós ao norte, que forma parte do val do Ulla, e a zona montañosa da Terra de Montes ao sur.
En 2014 a poboación era de 26.753 habitantes, dos cales 21.197 vivían no concello da Estrada, o que é indicativo do carácter de núcleo reitor comarcal desta vila. As cidades máis importantes preto da comarca son Compostela e Pontevedra.
A Terra de Montes conformouse desde a división parroquial que realizaran os reis suevos Teodomiro e Miro na segunda metade do século VI. A comarca consolidouse coa súa incorporación á sede arcebispal de Iria Flavia. En 1115 o arcebispo Xelmírez, por doazón de Dona Urraca, construíu a torre-fortaleza do Castro de Montes, desde a que os xuíces-meiriños gobernaban a comarca. En 1135 construíuse o mosteiro de Aciveiro, arredor do cal se creou unha importante actividade comercial e artesanal a partir do século XII.
Demografía
A comarca de Tabeirós - Terra de Montes está a ser unha zona onde a sangría demográfica é constante: entre 2000 e 2009 a comarca perdeu de 1.383 habitantes (un 4,64% da poboación).
Nota:
Meu agredecemento a Jose Eliseo Fortes de Caroi e Ramon pai e Ramon fillo de A Bouza, sin a sua axuda seria imposible facer este traballo
VIDEO
MAPA
SÍGUENOS:
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901