MUIÑO DO FREIXO
RÍO ARNOIA
CARTELLE
Río Arnoia
O río Arnoia é un afluente do Miño pola banda esquerda. A súa lonxitude é de 84,5 quilómetros, o que o converte no río máis longo da provincia de Ourense. Un seu homónimo é o portugués río Arnoia, de feito o nome de Arnoia é un hidronímico común en Europa, en linguas prerromanas.
Toponimia
Coa mesma raíz ca o río Arnego, procede dunha raíz hidronímica celto-indoeuropea er-, or- co significado de excitar, pór en movemento.
Fontes
Nace no concello de Vilar de Barrio, a partir da confluencia de varios regos da serra de San Mamede.
Percorrido
Baña os concellos de Vilar de Barrio, Baños de Molgas, Xunqueira de Ambía, Allariz, A Merca e Celanova. Logo segue marcando o límite entre os concellos de Ramirás e Gomesende (no norte) e Cartelle e Cortegada (no sur) a través dun canón que antes de chegar ó concello da Arnoia forma un canón cunha pendente de 300 metros durante sete quilómetros, entre penedías e fragas. Finalmente, chega ao concello da Arnoia onde desemboca no Río Miño no lugar de Portocarreiro fronte a un pequeno illote granítico. No concello da Arnoia o río conforma dous vales unidos, o val de San Vicente (O Rial, O Outeiro, Remuiño, O Pomar, A Ponte, Carnós) e o val de San Amaro (Os Chaos, A Laxa, Quinteiros, A Paixón, Bacelo e Outeiro Cruz).
Afluentes
Os principais tributarios do Arnoia son o Maceda, o Ambía e o Ourille e outros pequenos regatos ao longo do camiño.
Concello de Cartelle
Cartelle é un concello da provincia de Ourense, pertencente á Comarca da Terra de Celanova.
Segundo o padrón municipal en 2014 tiña 2.944 habitantes (3.641 en 2003).
Xeografía
O concello, de 93,94km², abrangue 12 parroquias. Está situado na cunca do río Arnoia, afluente do Miño.
Está comunicado con Ourense e Celanova a través da estrada N-540. A capital está na aldea de Outomuro.
O territorio é unha superficie de erosión desenvolvida entre as máximas alturas, situadas no extremos noroeste, Coto de Novelle de 718 metros e ó nordés situase o Alto do Castro con 635 metros.
Ao sur, o Val do río Arnoia é a unidade xeográfica fundamental cara ao que aflúen numerosos emisarios.
Trátase dun terreo escarpado e alterable, polo que os procesos de erosión evidéncianse na paisaxe; a abundancia de cursos de auga compleméntase cunhas multiplicidades de lombas e suaves montículos distribuídos por todo o territorio.
Parroquias do Concello de Cartelle
Anfeoz (Santa Baia), Cartelle (Santa María), Couxil (Santa María), Espiñoso (San Miguel), As Marabillas (Nosa Sra. das Marabillas), O Mundil (Santa María) , Penela (Santiago), Sabucedo de Montes (San Pedro), San Tomé (Santa María), Sande (San Salvador), As Seixadas (San Xoán), Vilar de Vacas (Santa María)
Comarca da Terra de Celanova
A comarca da Terra de Celanova é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Celanova.
A cal pertencen os concellos de A Bola, Cartelle, Celanova, Gomesende, A Merca, Padrenda, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea.
MAPA
SÍGUENOS:
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901