PETROGLIFOS OUTEIRO DO MOUCHO
CUNTIS
Petroglifos Outeiro do Moucho
É moi amplo o legado arqueolóxico que nos ten deixado a cultura da Idade do Bronce nas terras de Cuntis, sendo os gravados rupestres os de maior relevancia.
Non menos de 25 grupos inscultóricos se localizan nesta xeografía, clasificados en 5 areas máis ou menos definidas.
Estes gravados, esparexidos por diferentes freguesías, conteñen motivos variados: pseudolabirintos, combinacións circulares, cazoletas, zoomorfos...
No Monte do Moucho, próximo á estrada de Calvos a Teaño, hai un gran promontorio rochoso que ten na súa superficie unha gran combinación circular, a modo de elipse, con dúas cazoletas como centros, que lle asignan unha clara aparencia da face do animal que lle dá nome a este outeiro.
Igualmente, círculos con cazoletas interiores, coviñas e outros motivos espállanse neste fermoso penedo.
Santa María de Cuntis
Santa María de Cuntis é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cuntis.
Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 2.481 habitantes (1.321 mulleres e 1.160 homes), distribuídos en 23 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 2.453 habitantes.
Os lugares son Cuntis (Capital do concello), Calvos, Pereira, Trasponte, Meira, Fontecova, O Rogadío, Cardecide, A Louriña, Xinzo, Rebordelo, A Ermida, A Paizosa, O Campo, Laxos, O Pazo, Castrolandín, A Patela, Mesego, Zo, Foxacos, Vilar, Porto de Gómez, Chapín, Piñeiros, Vilariño e O Noval.
Ten os petróglifos de Cartas e Cartas da Fóra (Cardecide), Outeiro do Forno de tella, Outeiro de Vales, Costa de Vales, Outeiro grande, Outeiro do Moucho e Outeiro da Campá (no polígono industrial).
Conta cos castros de Castrolandín (escavado), Meira, O Castriño (Xinzo) e Laxos.
MAPA
SÍGUENOS:
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901