sábado, 3 de octubre de 2020

PONTE DAS ÁNIMAS - SEQUEIRÓS - GONDOMAR

 PONTE DAS ÁNIMAS

RÍO MIÑOR

SEQUEIRÓS

GONDOMAR

Gondomar
     Gondomar é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca histórica do Val Miñor (Baiona, Gondomar e Nigrán). 

     Dende o ano 1992 está administrativamente ligada á Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo, á comarca de Vigo e integra a Área Metropolitana de Vigo.

     Segundo o IGE, en 2018 tiña 14 236 habitantes. O seu xentilicio é gondomarés ou gondomarense.


Xeografía
     Encóntrase no Val Miñor, entre a serra do Galiñeiro e a ribeira do río Miñor, preto de Vigo e das praias de Nigrán e Baiona. Dá cara á ría de Baiona, estando bordeado polo Pico Castelo e o monte Couxo.

     Máis da metade da superficie está destinada a uso forestal, destacando o cultivo de piñeiros, xunto coa flora autóctona en fragas de carballos e castiñeiros. O clima é de temperaturas suaves, con máximas en xullo e mínimas en xaneiro, así como precipitacións elevadas.


Patrimonio
A Ponte de Mañufe
     A ponte de Mañufe é a máis antiga das existentes na comarca do Val Miñor. A obra ten unha probable orixe romana e unha posterior reconstrución datada no ano 1140 segundo inscrición existente nun dos perpiaños dun chantón. Sitúase na actual estrada provincial PO-2035 ao seu paso polo río Miñor, e segue a ser a principal porta de entrada e saída á parroquia de Mañufe tanto do tráfico peonil como vehicular no século XXI. Une os lugares da Texosa (norte) e A Ponte (sur), na devandita parroquia situada no concello de Gondomar. Está catalogada como Ben de Interese Cultural dentro do espazo de protección delimitado no Decreto 48/1999 do 18 de febreiro da Xunta de Galicia.

Cruceiro do Acordo
     Coñecido como do Acordo ou de Mañufe, este cruceiro salienta polo seu peto de ánimas policromado e unha alegoría do pecado orixinal representada por unha serpe que gabea polo fuste. Non hai data acreditada da súa construción, pero sábese que entre os séculos XVI e XVIII ao pé deste monumento relixioso tiveron lugar as reunións do Partido do Miñor integrante da antiga provincia de Tui, durante o Antigo Réxime. A peza tivo varias reconstrucións  a última en 2017, quedando da orixinal só a base e parte do peto de ánimas. Trátase dun ben de interese patrimonial protex
ido polo Decreto 48/1999 do 18 de febreiro da Xunta de Galicia.

Igrexario de San Vicente de Mañufe
A igrexa de San Vicente de Mañufe é un templo cristián situado no lugar da Moreira. Data do século XII, pero a maior parte da obra actual é barroca, consecuencia dunha gran reforma no século XVIII. Ten como celebración principal a do santo patrón da parroquia, san Vicente, o día 22 de xaneiro. Forma parte da diocese católica latina de Tui-Vigo.

A igrexa de Santa Baia de Donas

      A igrexa de Santa Baia de Donas ten a súa orixe no Mosteiro de Santa Baia das Donas. A igrexa de Peitieros é de orixe románica, pero foi reformada nos séculos XVIII e XIX, mantendo da construción orixinal os muros e a fachada. Nesta mesma parroquia hai un cruceiro, onde se reunían os representantes das distintas parroquias da comarca para parlamentar.

Pazo de Mendoza ou Pazo da Escola
      O Pazo da Escola (orixinariamente Pazo de Mendoza) é unha casa grande galega da segunda metade do século XVIII fundada polo Pilcarpo de Mendoza. Existe outro pazo de Mendoza tamén fundado por Policarpo de Mendoza en Baiona

Pazo de Fontán
     O pazo e pousa de Fontán é unha casa señorial (hoxe en ruínas) situada no lugar e camiño do mesmo nome, na parroquia de San Vicente de Mañufe. Levantada entre os séculos XV ou XVI, as súas terras eran confinantes ao sur co Río Miñor e atravesadas de leste a oeste pola Levada do Bravo.

Pazo do Conde de Gondomar
     O pazo do Conde de Gondomar, tamén chamado fortaleza de Gondomar, é unha fortificación de orixe medieval situada ao sur da vila de Gondomar. Está declarado Ben de Interese Cultural, e sitúase nunha fraga de árbores centenarias, rodeado por unha leira de 30 ha.

     Outras casas grandes son o pazo de Pampillón e o de Villarés, na parroquia de Vilaza.

Parroquias
     Borreiros (San Martiño), Chaín (Santa María), Couso (San Cristovo), Donas (Santa Baia), Gondomar (San Bieito), Mañufe (San Vicente), Morgadáns (Santiago), Peitieiros (San Miguel), Vilaza (Santa María), Vincios (Santa Mariña)

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
 

XOAN ARCO DA VELLA


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901