jueves, 8 de octubre de 2020

PASOS DE MEIRA - MEIRA - RÍO GALLO - CUNTIS

 PASOS DE MEIRA

MEIRA

RÍO GALLO

CUNTIS


Meira
     Meira é un lugar da parroquia de Cuntis, no concello pontevedrés de Cuntis.


     Segundo o IGE do 2008 tiña 154 habitantes deles 79 eran homes e 75 mulleres, o que supón que diminuíu a poboación desde 2007.

Cuntis
     Santa María de Cuntis é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Cuntis. 

     Limita coas parroquias de Arcos, Piñeiro, Estacas, Troáns e Cequeril, e cos concellos de Caldas de Reis e A Estrada.

     No ano 2009 tiña 2.390 habitantes, 245 menos que en 1986. En 1836 tiña unha poboación de feito de 1.316 persoas.

Patrimonio
     Ten os petróglifos de Cartas e Cartas da Fóra (Cardecide), Outeiro do Forno de tella, Outeiro de Vales, Costa de Vales, Outeiro Grande, Outeiro do Moucho e Outeiro da Campá (no polígono industrial).

     Conta cos castros de Castrolandín (escavado), Meira, O Castriño (Xinzo) e Laxos.


Lugares da parroquia de Cuntis
     Calvos, Campo, Cardecide, Castrolandín, Cuntis, Ermida, Folgoso, Fontecova, Fuxacos, Laxos, Louriña, Meira, Mesego, Noval, A Paizosa, A Patela, O Pazo, Piñeiros, Porto de Gómez, Rebordelo, Rogadío, Trasponte, Vilar, Vilariño, Xinzo, Zo


Parroquias do Concello de Cuntis    

     Arcos (San Breixo), Cequeril (Santa María), Couselo (San Miguel), Cuntis (Santa María), Estacas (San Fiz), Piñeiro (San Mamede), Portela (Santa Eulalia), Troáns (Santa María)


PASEO  DO RÍO GALLO
     No núcleo urbano de Cuntis hai varias zonas de paseo que discorren á beira do Río Gallo. Nelas podémonos atopar con árbores autóctonas e foráneas.

     Diversas pontes de madeira comunican as dúas bandas do río e preto dunha ducia de lavadoiros fluviais son testemuñas vivas dá a nosa etnografía e son practicamente pezas únicas en toda Galicia.

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
 

Fuente: www.disfrutadegalicia.com

XOAN ARCO DA VELLA

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901