PONTE DE PEDRA
REGO DE POZO NEGRO
SAN AMARO
BARRO
San Amaro
San Amaro é un lugar da parroquia de Portela, no concello pontevedrés de Barro, na comarca de Pontevedra.
Segundo o IGE, en 2013 tiña 201 habitantes (107 homes e 94 mulleres). No 2017 segundo o INE tiña 192 habitantes ( 99 homes e 93 mulleres ).
Portela
San Mamede de Portela é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Barro.
Segundo o IGE de 2017 tiña 637 habitantes (307 mulleres e 330 homes), 27 menos ca en 2004. Ten seis entidades de poboación.
Lugares de Portela
A Áspera, Briadoiro, A Cancela, A Costa, Estación de Portela, A Laxe, Mosqueiros, Parada, Piñeiro, A Porriña, San Amaro, Vilaverde
Barro
Barro é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra.
Segundo o IGE no ano 2016 tiña 3.746 habitantes (1.862 homes e 1.884 mulleres), o que representa un aumento respecto a 2005, cando contaba con 3.408 habitantes. O seu xentilicio é barrés ou barroso.
Limita cos concellos de Meis, Portas, Moraña e Pontevedra.
Patrimonio natural
Destaca o Parque da Natureza do Río Barosa, unha carballeira en desnivel pola que baixa a fervenza que forma o río Barosa, que se aproveitaba antigamente mediante unha vintena de muíños, algúns deles rehabilitados. O espazo tamén está axeitado para as visitas como zona de lecer.
Parroquias de Barro
Agudelo (San Martiño), Barro (San Breixo), Curro (Santa María), Perdecanai (Santa María), Portela (San Mamede), Valiñas (Santo André)
MAPA
SÍGUENOS:
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901