domingo, 7 de octubre de 2012

AS PERDICES DE O COMBITE

AS PERDICES DE O COMBITE
CONTO




  

      Salíu un ferreiro un día de caza e matóu dúas perdices. Cando viña de volta para a casa, atopouse co señor cura da parroquia e éste dixolle si llas vendía. O ferreiro contestóulle que non. O que lle podía facer era invitalo a comelas si lle tiña unha misa. O cura aceutóu. Chegóu o ferreiro coas perdices á casa, e mandóu á muller que as arreglase mentras el iba á misa; despóis tamén había de ir o crego a axudalas a comer, que tamén lle tiña misa pola almiña dos difuntos da casa. Cando a muller tiña as perdices arregladas, chegóu á cociña unha comadre, e díxolle: 

    - Comadriña, ¿qué ten no pote que ole tan ben?. 


    - ¿E qué hei de ter? Caldo de berzas con unto vello, e por iso cheira ben. 


    A outra non se conformóu e destapóu o pote. Ao ver que eran perdices, díxolle que debían probalas pra saber si estaban boas.


    - Non pode ser, porque ven o señor abade axudar a comelas. 


    - Probémolas, comadriña, que lles han de chegar abondo. 


    Cando acabaron unha, como sabía ben, comeron a outra que quedaba. 


    Ao que marchóu a comadre, chegóu o home da misa, i a muller púxose a chorar. O home preguntóulle por qué hcoraba. 


    - ¡Ai, hom, cómo non hei de chorar! ¡Na casa dun ferreiro, e siquera temos un cuitelo pra poñer na mesa! 


    - Pois non chores, muller, que, mentras chega o señor cura, vou á forxa facer dous ou tres. 


    Dalí a un pouco, chegóu o cura, ia muller púxose outra vez a chorar, e preguntóulle qué era. 


    - ¡Ai, pobre de min, cómo non hei de chorar, que o meu home debéuse de volver tolo, pois díxome que iba á forxa facer un cuitelo pra lle cortar a vostede as orellas: así que é mellor que se marche pronto, antes e que veña il! 


    O cura salíu pra fora, e descalzóuse pra correr máis. 


    Cando chegóu o home, a muller siguía chorando, e díxolle ao home que viñera o cura, e que se marchara coas perdices para a súa casa. 


    O ferreiro salíu corrindo pra pillar ao cura, e cando o víu, berróulle: 


    - ¡Déixeme unha siquera señor!. 


    - Nin una nin dos: mis orelliñas non son pra vós.






XOAN ARCO DA VELLA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901