CASTRO PENEDO DOS MOUROS
LOURIDO
SALVATERRA DO MIÑO
Castro formado por grandes pedras e covas
Un dos castros máis singulares de toda Galicia atopámolo en Salvaterra de Miño, é o coñecido como Castro Penedo dos Mouros ou Castro de Lourido, pola parroquia na que se sitúa.
A monumentalidade das rocas
O que máis chama a atención da zona cando imos visitar o castro de Lourido son as grandes formacións rochosas que forman o conxunto, a esencia pura deste lugar e que o diferencia de calquera outros castros da provincia.
As covas, as cavidades rochosas e a croa deste lugar de Salvaterra fano especial e convérteno nun lugar tamén envolvido por un halo mitolóxico.
A poboación castrexa adaptouse ás características xeográficas do lugar, un espazo que presenta sinais de vida desde a prehistoria cos petróglifos próximos, ata a propia civilización romana da que se conservan restos ata dunha vila con hipocausto.
Unha visita ao Penedo dous Mouros é un repaso á historia de Galicia, empezando polo que se considera unha posible mámoa ata os restos pouco investigados da vila romana.
O castro en si está datado na Idade de Ferro e estímaselle unha extensión de 40 hectáreas con estrutura defensiva a base de fosos e terrapléns.
Entre a vexetación do lugar distínguense aínda a planta dalgunha vivenda castrexa.
Comarca do Condado
A comarca do Condado é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Ponteareas.
Pertencen a ela os concellos de Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Ponteareas e Salvaterra de Miño.
VIDEO
MAPA
Fuente: Web Paxinas Galegas
XOAN ARCO DA VELLA










No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901