martes, 3 de marzo de 2026

CRUCEIRO DA IGREXA DE TOURÓN - TOURÓN - PONTE CALDELAS

 CRUCEIRO DA IGREXA DE TOURÓN

TOURÓN

PONTE CALDELAS

     Fronte á igrexa de Santa María de Tourón podemos ver este cruceiro do ano 1670 que nae sobre dou chanzos de sección cadrada.

      A súa base cúbica coas arestas superiores molduradas posúe caveira con tibias cruzadas nunha das súas caras.

 Nas outras caras podemos ler varias inscricións:

“HIZOME
AÑO 1670”
“JUAN MARTI
NEZASV
COSTA”

        O varal, de sección octogonal, ten unha imaxe na súa parte media, co hábito de fraile, rama de alma e libro nas mans e apoiado sobre unha peaña.

      A continuación o capitel decorado co volutas e anxos nos catro lados.

      O conxunto remata cunha cruz de sección cadrada e arestas rebaixadas na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Piedade no reverso.

      Por debaixo da imaxe de Cristo aparece a seguinte inscrición:

“ESTE
AÑO
LO ICE”

        Antigamente este cruceiro se atopaba ao carón da estada. No ano 1949 trasladouse ao lugar onde o podemos ver hoxe.

      Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.

      Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.

      Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.

MAPA

 

     Texto: Oscar Franco

Fuente: Web Patrimonio Galego 

XOAN ARCO DA VELLA 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901