IGREXA DE SAN ESTEVO DE CADRÓN
CADRÓN
LALÍN
Cadrón
Santo Estevo de Cadrón é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín.
Segundo o IGE en 2011 tiña 155 habitantes (89 mulleres e 66 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 190 habitantes.
Nesta parroquia naceu o escritor e político José Luis Sucasas.
Patrimonio
Conserva varias mámoas.
O castro de Cadrón confórmase a partir dun único recinto de forma oval. O eixo maior ten orientación ONO-LSL e mide uns 90 m e o eixo NNO-SSL mide uns 50 m, tomados na zona máis ancha. Non se toman medidas no exterior polo mal estado de conservación das estruturas que impiden a súa perfecta delimitación. O recinto conserva terraplén por todo o seu perímetro, excepto no cuadrante NL. Presenta parapeto polo oeste e sur duns 4 m de anchura máxima e unha caída cara ao interior de 1 m. Na súa composición, ademais de terra había pedra de granito, a xulgar pola abundancia de restos pétreos no seu contorno, pero non se pode precisar se conformaba unha estrutura muraria.
A igrexa parroquial, que foi reconstruída a finais do século XIX, está presidida por un campanario en forma de camarín de pedra.
Na arquitectura popular destaca a Casa do Fidalgo.
Lugares de Cadrón
Cadrón, O Castelo, Lamas
Comarca de Deza
A comarca de Deza é unha comarca da provincia de Pontevedra e a súa capital é Lalín.
Pertencen a ela os concellos de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces. A súa poboación é de máis de 40.000 habitantes.
O Deza coincide coa antiga comarca de País do Deza, isto é, as xurisdicións de Deza, Camba, Dozón, Trasdeza, Carbia e Valquireza.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA












No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901