sábado, 13 de octubre de 2012

PETROGLIFOS DE PORTAXES - GONDOMAR

PETROGLIFOS DE PORTAXES
MONTE TETÓN
GONDOMAR

     O máis significativo son as dimensións dalgúns destes círculos, máis de dous metros de diametro o maior, o que probablemente os converten nos maiores coñecidos ata o momento en Galicia.


¿Como chegar?
     Esta estación, que destaca polos seus motivos circulares, atópase na aba dun pequeno outeiro, o monte Tetón. Ó lugar chegaremos desde Tomiño, pola estrada de Gondomar. Despois de pasar Tebra, subimos ó alto de Couso que separa ambos concellos, xusto no alto, antes de comezar a baixar para Gondomar atoparemos unha pista forestal a nosa dereita, practicable nun coche sufrido, pero non en bus.



     Esa pista séguese sen demasiados problemas durante 1700 metros ata un cruce, cunha subida á esquerda, por onde subimos. 


     Pouco despois daremos cunha plantación nova de viña ó fondo, cando se divise, á man esquerda nos aparece unha pequena pista que sobe e que seguiremos, quedan uns 600m de andar por esa pista que ata chegar á base do Tetón, inconfundible coa súa forma cónica como o seu nome indica. 


     Bordeámoloo e cando comecemos a deixar o Tetón ás nosas costas, a vexetación ábrese un pouco á nosa esquerda en dirección sur, xusto aí está a estación que buscamos, a unha ducia de metros da pista.


      ¿Como chegar á caseta? Alí hai, senlleiro, outro gran círculo en peor estado de conservación, pero lixeiramente máis grande. Teremos que buscar algún carreiro que nos permita pasar á pista que vai paralela por riba á que nos trouxo á estación principal. 


     Unha vez cheguemos, basta con seguir na mesma dirección uns douscentos metros e xa divisaremos no alto a caseta, ó pé dela está o segundo gran círculo. Como curiosidade, unha das veces nas que fomos estaba o sol alto e case non se podían distinguir os regos, así que se é media día ollo.


Significado. 
     Sobre o seu significado podemos falar de múltiples interpretacións dende as máis antigas que falan de altares de sacrificio, mapas, representacións da cabanas, signos astronómicos... ata as que falan do valor e simboloxía do círculo,como algo sen principio nin fin, idea que podemos extrapolar ós grandes ciclos naturais. 



     Sería a idea do eterno retorno, idea moi presente nas relixións e culturas antigas. 


     No caso dos petroglifos galegos non podemos dar unha única interpretación xa que estes motivos circulares con moita frecuencia estan combinados con outros motivos tales como cazoliñas, grupos de círculos concéntricos, con ou sen radios etc.

MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube


XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901