O XENERAL AGUCES
CONTO
CONTO
Un soldado que viña de Cuba pasou por un lugar que lle quedaba no
camiño da súa casa e pediu pousada a un home que xa estivera alá antes
ca el.
Nun descoido, o soldado, que era gatuñero do diaño, roubou un xamón que
lle cadrou a xeito e meteuno nunhas alforxas que levaba. Despois
puxéronse a falar da guerra de Cuba e a contar mentiras das valentías
que fixeran por alá e o soldado, que era un bromista, díxolle ao amo da
casa:
-Logo, vostede debe acordarse de cando o xeneral Xamóns entrou na cidade de alforxas....
-Non me acorda oír falar diso. Non estaría eu alí.
-Si que estaba vostede presente, o que pasa é que era vostede quinto e non se apercibiu do feito.
De alí a pouco marcharon á cama, e o amo da casa púxose a cavilar no
que lle dixera o soldado e por máis voltas e voltas que lle daba á
memoria non se acordaba de tal xeneral nin de tal cidade mais, pensa que
te pensa, deuse conta de que lle fixera aquel galopín.
Ergueuse da cama, sacou o xamón da alforxa e meteus dentro a pedra de aguzar.
Ergueuse da cama, sacou o xamón da alforxa e meteus dentro a pedra de aguzar.
Para outro día á maña, cando se levantaron, díxolle o amo da casa ao soldado:
-¡Ai, hom! Xa me acordo de todo o que contabas onte á noite. É verdade
que eu era quinto cando o xeneral Xamóns entrou en Alforxas pero cando
era veterano, saíu o xeneral Xamóns e entrou o xeneral Aguces.
O soldado botou a alforxa ao lombo e ía asubiando de contento porque
pesaba moito e pensaba que era o xamón. Chegou a unha taberna e
díxolle á taberneira:
-¡Tráeme pan, viño e un coitelo ben grande!
Coas mesma, partiu un cacho de pan, botou man ás alforxas, e sacou a pedra. Entón díxolle a taberneira:
-E logo, ¿para que queres o coitelo?
XOAN ARCO DA VELLA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901