No
partido do Carballiño, hi unha aldea chamada Xurenzás, nome que,
segundo referencias, lle vén dunha heroica loita entre dous mouros que
habitaban coa súa familia en dous sitios distintos, mais a pouca
distancia.
Un deles coñecíase co nome de Zas e vivía nun monte que chaman a Peneda do Couto, onde aínda existen traballos e gravados fermosos en letras descoñecidas.
O outro onde chaman Monte Negro, onde hai un gran cacho de terreo posto en especiais condiciós para un caso de guerra: consiste nunha reunión de murallas de setenta metros de longo aproximadamente e a distancia da unha á outra é de dous metros. A simple vista teñen na súa base o ancho de metro e medio e rematan en puntiagudo.
Dise que o segundo mouro tiña unha filla, e o primeiro, ou sexa Zas, chegou a se namorar dela po-la súa bleza e, nese caso, tratou de mercarlla ó seu pai, mais este negouse a venderlla por ningún diñeiro. Foi tanta a furia do pretendente que, en acción de vinganza, "encantoulla".
E, vendo
o pobre pai a lamentable situación da súa filla, mandoulle unha mensaxe
por un escravo, onde lle dicía que se armase e que en nome do se Deus
saíse ó medio do camiño, onde se xuntaron e loitaron fortemente,
quedando Zas como vencedor o que, colléndoo airosamente, fíxolle xurar
no seu nome que se daba por vencido, ó que contestou:
— Sí, xuro en Zas que estou vencido.
E de aí lle vén o nome a dita aldea de Xurenzás.
Un dos porcos foise tranquilamente ó millo,
irritouse a vella e ceiboulle (para mata-lo) o restrelo, e con tan boa
sorte o porco que fuxiu con el cravado e a toda présa chegou á casa do
seu dono con dito obxeto cravado. Colleuno o dono, examinouno e sacou en
limpo que era de ouro.
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901