O ARREPENTIMENTO DO LOBO
CONTO
CONTO
     Unha vez era un lobo moi ranfleiro que non saía dos arredores do lugar.
 Unha vez foi á porta da igrexa e estivo escoitando a predicación do 
crego na que decía que para que fosen perdoados os pecados había que 
confesar.
  
 O lobo sentiu  así coma un arrepentimento, pois naquel intre tiña a 
barriga ben farta e non se lle ocurrían malas ideas, e mandoulle recado 
ao crego de que saíse confesalo porque lle daba vergonza entar na 
igrexa.
  
 Saíu o crego. E o lobo, ao mesmo tempo que lle estaba confesando, 
estaba mirando para unha burra que andaba cunha cría perto da igrexa; e 
estaban tan gordiñas e tan maturriosas que ao lobo se lle foron os 
arrepentimentos e díxolle ao crego que acabase logo.
  
 O crego, despois de lle preguntar un pouco, díxolle que non debía 
faceras barbaridades de matar ovellas e máis ovellas, pois para o seu 
sustento chegáballe con libra e media de carne para o día.
   Entón díxolle o lobo ao crego:
- Señor cura, ¡bóteme a absolución
que se me vai a ocasión!
Conta xustiña:
XOAN ARCO DA VELLA
   
SÍGUENOS:
Facebook 
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
 
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901