domingo, 7 de octubre de 2012

MUSEO DE A FONSAGRADA - LUGO


MUSEO ETNOGRAFICO
A FONSAGRADA 
LUGO


     Fundado no ano 1984 por un padroado formado por veciños da Fonsagrada e do que na actualidade forman parte o concello e os centros de educación primaria e secundaria, o museo ten pezas de Etnografía, de Arqueoloxía e de Arte Contemporánea.
 

     A sección de Etnografía presenta entre outras a instalación dunha adega, dunha forxa de ferreiro, e dunha lareira. 



     Hai unha parte dedicada ós oficios rurais, outra á labranza, ó monte, á escola, á relixiosidade e á emigración onde se recollen os recordos da estancia en Bos Aires e A Habana dun emigrante da zona.



     A parte dedicada á Arqueoloxía expón pezas pertencentes a época megalítica, época castrexa  e a época da romanización.



     A sección de arquitectura popular mostra, a través de maquetas, planos e fotografías as características constructivas, materiais, e tipos de vivenda máis frecuentes.


     A colección de Arte Contemporánea, coñecida como De Ida e Volta está formada principalmente por esculturas que poden verse por todo o museo, obras de artistas como  Ignacio Basallo, Mónica Alonso, Manolo Paz, Paco Pestana, Xoán Lamarti, Tereixa Gómez, Alvaro de la Vega, Manuel Patinha, Luís Borrajo, Fernando Villapol, Xurxo Oro Claro e Manuel Moldes. 



 
     Os obxectivos do museo son presentar as formas de vida e de traballo dunha comarca de montaña que están a piques de esquecerse por completo pola evolución dos tempos e propiciar a reflexión por parte do visitante sobre o valor da cultura tradicional e as circunstancias de cambio do medio rural.




VIDEO
MAPA
  

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901