CAPELA DE SANTA LUCIA - CERDEDO
CAPELA DE SANTA LUCIA
FIGUEIROA
CERDEDO
CERDEDO
Cerdedo é un concello situado na zona centro de Galicia e perfectamente comunicado coas Rías Baixas (28 km) , con Santiago de Compostela( 45 km) e Ourense (50 km).
Cunha extensión duns 80 quilómetros cadrados e unha poboación de 4000 habitantes é un refuxio ideal para os amantes da natureza, os deportes ó aire libre e a boa mesa.
Limita ó norte cos concellos da Estrada e Forcarei, ó sur con Cotobade e Forcarei, ó este con Forcarei, e ó oeste con Campo Lameiro e Cotobade.
Cerdedo está atravesado pola estrada N-541 (Ourense – Pontevedra), que forma o seu eixo principal de comunicación. Xeograficamente, o Término Municipal de Cerdedo localízase na porción meridional da dorsal galega, na súa vertente occidental, de tal xeito que o conxunto montañoso disponse en anfiteatro.
As súas maiores elevacións atopámolas no Outeiro do Couto do Monte do Seixo (1024 m) e no Outeiro de Couso.
O río Lérez constitúe o principal cauce fluvial, atravesando o término municipal en dirección este - oeste. A existencia dunha numerosa, aínda que de pequena escala, rede de afluentes do Lérez fai que as terras sexan productivas e axeitadas para a agricultura e a gandeiría.
As condicións climáticas de Cerdedo están condicionadas pola súa situación nas serras prelitorais, e a súa orografía montañosa actúa como pantalla pluviométrica, polo que as súas precipitacións son elevadas.
En canto ás temperaturas, o máis destacable son os seus baixos valores sobre todo os invernais, sendo xaneiro o mes máis frío.
Os núcleos de poboación máis importantes son Cerdedo(capital) , Pedre, Figueroa, Fondós,Covas, Tomonde e Os Castros.
O nome de Cerdedo procede según Millán González Pardo de "Ceratesum", que significa "lugar de cereixas", o que fai supoñer que foi un lugar de producción abundante desta froita.
Toda a comarca de Terra de Montes é de indudable atractivo histórico-artístico.
En Cerdedo predominan os cruceiros, igrexas de gran valor arquitectónico, pontes de diversos estilos e calzadas romanas.
Pódense ver tamén importantes mostras de arte prehistórica e restos arqueolóxicos.
Non podemos esquecer tampouco os eirados de Pedre, Filgueira e Cerdedo, conxuntos de canastros en bo estado de conservación que constitúen conxuntos arquitectónicos casi únicos en Galicia e de especial beleza.
FIGUEIROA
San Martiño de Figueiroa é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cerdedo, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o IGE en 2012 tiña 175 habitantes (92 mulleres e 83 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando contaba con 324 habitantes.
Patrimonio
Ponte de Valoutas sobre o río Lérez, construída en 1852.
Canastro de San Martiño.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901