viernes, 21 de noviembre de 2014

CHOZOS DE RODEIRO - ABELENDA

 CHOZOS DE RODEIRO
ABELENDA
AVIÓN
SERRA DO SUIDO
OURENSE


       O chozo é unha construcción en pedra de neis que daba acobillo aos pastores da Serra do Suído, cando se turnaban diariamente para coidar o gando ao longo do ano. Hoxe en día estos símbolos desta arquitectura, permite coñecer cómo era a vida en épocas pasadas nesta zona. 


     Aínda que non existen datos arqueolóxicos fiables ou documentos escritos que precisen a súa construcción, segundo a tradición oral xa eran recordados como moi antigos no século pasado. Dado o seu estilo arquitectónico podería sinalarse a súa orixe nos séculos de difusión do románico (séculos XII e XIII)


A SÚA ARQUITECTURA 
     O interior é unha peza única, dunhas dimensións ao redor dos 20 metros cadrados, construídos en neis. Ao redor dos chozos establecíanse os "cortellos", cada familia tiña o seu e estaban destinados a acobillar aos becerros , na actualidade a maioría están derruídos. 


     Cerca dos chozos había tamén un redil non moi grande, feito de cachotería, lousas e grandes bloques pétreos. Pechando todo o conxunto situábanse as lousas verticais que delimitaban a zona de pastoreo de cada chozo. Podemos dicir por tanto que o conxunto era unha unidade de explotación gandeira de montaña. 


     Os chozos atópanse en torno á cota dos 900 metros de altitude, na falda nacente, protexidos dos ventos e aproveitando en ocasións a inclinación das ladeiras da montaña. Integrándose totalmente os tellados coas pendentes do terreo.



     Este emprazamento na caída da montaña facilitaba a súa construcción. De planta regular, as súas dimensións son prácticamente constantes, adoita a haber bancos de pedra corridos adosados á parede, o espesor dos seus muros é considerable (0,6-0,8 metros) debido á grande carga que teñen que soportar. 



     A porta de entrada non adoita ser grande, e debido ao pesado da construcción os vanos adoitan reducirse. 


     Sobre a existencia de portas de madeira, ferro ou outro elemento que pecharan o chozo non existen referencias, aínda que é lóxico pensar que dispoñian dalgun elemento para pechalos, principalmente para manter o calor dentro do habitáculo e protegerse de posibles ataques de lobos e outras feras. 


     Hai soamente uns ventanucos, que semellan arpilleiras e que adoitan situarse nas fachadas laterais, orientados a nacente e a poñente, pódese pensar que valen como "tiro" do lume que se facía no interior, e tamén para recoller os primeiros e últimos raios de sol. Ademáis no interior hai unha serie de nichos rectangulares que servían para gardar obxectos personais, comida, roupa, etc.

    
     Nas lousas exteriores ou nos bloques grandes do interior adoita haber inscripcións cos nomes dos pastores que facían gardas no verán. En toda a construcción o elemento máis chamativo é o arco, éste e as doelas que o compoñen (sete en xeral) son os únicos elementos que se ven algo traballados. O salmer ou primeira peza do arco que axuda a soster o teito está integrado na parede e arranca a uns 60 centímetros do chan. Para que o arco non se abra co peso hai na parte externa do groso muro uns contrafortes. 


     O teitume á outro elemento distintivo, é un tellado de dúas vertentes elaborado con grandes lousas que resbalan unhas sobre outras. Sobre esta cuberta hai un espesor térreo no que se ven formacións de mofo e que sirve de aillamento térmico, da fresco no verán e manten o calor no inverno ao tapar as regañas.


OS CHOZOS DA SERRA DO SUÍDO
- Chozo de San Xusto, o "da fenteira", porque estaba emprazado no Campo da Fenteira
- Chozo de Cernadas
- Chozo de San Vicente
- Chozo de Oroso
- Chozo de Abelenda, que está no Campo de Abelenda, ou Valdohome
- Chozo de Mangüeiro
- Chozo de Amiudal
- Chozo de Beresmo
- Chozo de Campo Larogo




     

     O de Abelenda e San Vicente son os de maiores dimensións. Este último ten maior altura no lado da máxima pendente da montaña. Ten unha supericie en torno aos 35 metros cadrados, unha superficie intermedia, en torno aos 28 metros cadrados sería a dos chozos de Mangüeiro, Oroso e San Xusto. 


     A maioría posúen arcos (dous), agás o de Abelenda que ten tres e o de Oroso que soamente ten un. O caso atípico é o chozo de Cernadas no que practicamente a fachada frontal á a única que está toda ela ao descuberto, situándose o tellado a nivel do monte. 


     Non presenta ningún contraforte. Sustitúen aos arcos unhas "paredes maestras" divisorias, que chegan ata a mitade da habitación. A primeira da a sensación que se trata dun apuntalamento, pois está soportando medio arco. 


     Nos chozos de Cernadas e Oroso, pola forma da súa construcción o primeiro y por ter un so arco o segundo, a posta está pegada á parede lateral, e todos agás o de Mangüeiro teñan a porta no lado maior do rectángulo. A distribución interior varía pero sempre cos mesmos elementos: "fornelas", bancos adosados á parede e xaneliñas laterais.


OUTROS DATOS RELEVANTES NO SEU ENTORNO:
- Nacemento do Rio Avia á altura dos chozos de Cernadas e San Xusto
-Área de descanso á altura dos Chozos de Carixa e Rodeiro
- Fonte de pedra xigante (20 metros de alto) no Chan do Valdohome
- Camiño aberto que percorre tódolos chozos
- Camiños de pedras que parte do pobo de Rodeiro e que se bifurcan aos chozos de San Vicente
- Oroso, Abelenda, Carixa e Rodeiro
- Camiño de pedra que parte do pobo de Mangüeiro ao chozo do mesmo nome
- Camiños comerciais medievais do viño, tamén denominado Camiño do Arrieiro. A ruta iba de Ribadavia a Santiago de Compostela.  
 



MAPA


Fuente: Concello de Avión
XOAN ARCO DA VELLA

2 comentarios:

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901