martes, 11 de noviembre de 2014

IGLESIA DE RIBELA - A ESTRADA

 IGREXA DE SANTA MARIÑA
RIBELA
A ESTRADA


A Estrada
     A Estrada é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á Comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o IGE no ano 2012 residían alí 21.657 persoas. No ano 2004 residían 307 estranxeiros no concello. O concello ten 51 parroquias.



Historia
     A xurisdición de Tabeirós ten a súa orixe en tempos do rei suevo Miro, no século VI, e aparece citada no Cronicón Iriense como pertencente á diocese de Iria. 



     No século XII, o arcebispo Xelmírez e o rei Afonso VII de Castela trocaron a terra de Tabeirós (que pasou a ser da mitra compostelá) por Tabeirolos e o castro de Faro.


     A xurisdición abarcaba o actual concello da Estrada, con excepción das parroquias de Vea. A xurisdición de Tabeirós incluía os coutos de Vea, Codeseda, Vega e Oca, e o Couto do Viso.



     En 1836 iniciáronse as reunións para a unión destes concellos noutros maiores ou nun só. O 1 de xaneiro de 1837 uníronse os Coutos de Vega e Oca, Viso, Codeseda e Vea con Tabeirós. 



     O concello formouse en Cereixo, con sede en Pernaviva, xa con 51 parroquias (incluída A Estrada, que aparece por primeira vez, formada polos lugares de Figueiroa de Arriba, Figueiroa de Abaixo, Rodeiro, Regueiro, Pedregal, Vilabrasil e Vilar). 


     Logo de tres anos de enfrontamentos entre absolutistas e liberais, en 1840 tivo lugar a destitución do concello de Cereixo, solicitando que o nome do concello fose A Estrada, aprobándose a mudanza o 23 de xaneiro de 1841.


    
     O partido xudicial da Estrada inclúe ós concellos de Forcarei e Cerdedo.

    
     O 6 de xullo de 1859 concedéuselle á Estrada o título de Vila por Real Decreto. En 1878, o rei Alfonso XII outorgou ó concello o tratamento de Ilustrísimo, e en 1912, o seu fillo Alfonso XIII, o de Excelentísimo.


    
     Ata 1940 editouse na vila o xornal El Emigrado.




Ribela
     Santa Mariña de Ribela é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada.      Segundo o IGE en 2009 tiña 178 habitantes (93 mulleres e 85 homes), distribuídos en 10 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 255 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 300 persoas.


Patrimonio
    Casona dos Ballesteros.
    Hórreo da casa reitoral.




 

Lugares de Ribeira (Santa Mariña)     
     Baltar, Barbude, Costenla, Marque, O Pazo, O Piñeiro, A Ponte, A Ribeira, San Vicente, Vilaboa, Vilar.


MAPA


XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901