sábado, 1 de noviembre de 2014

IGREXA DE SAN XOAN - LIRIPIO

IGREXA DE SAN XOÁN
LIRIPIO
A ESTRADA


A Estrada
     A Estrada é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á Comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o IGE no ano 2012 residían alí 21.657 persoas. No ano 2004 residían 307 estranxeiros no concello. O concello ten 51 parroquias.



 
Historia
     A xurisdición de Tabeirós ten a súa orixe en tempos do rei suevo Miro, no século VI, e aparece citada no Cronicón Iriense como pertencente á diocese de Iria. No século XII, o arcebispo Xelmírez e o rei Afonso VII de Castela trocaron a terra de Tabeirós (que pasou a ser da mitra compostelá) por Tabeirolos e o castro de Faro.


     A xurisdición abarcaba o actual concello da Estrada, con excepción das parroquias de Vea. A xurisdición de Tabeirós incluía os coutos de Vea, Codeseda, Vega e Oca, e o Couto do Viso.



     En 1836 iniciáronse as reunións para a unión destes concellos noutros maiores ou nun só. O 1 de xaneiro de 1837 uníronse os Coutos de Vega e Oca, Viso, Codeseda e Vea con Tabeirós. O concello formouse en Cereixo, con sede en Pernaviva, xa con 51 parroquias (incluída A Estrada, que aparece por primeira vez, formada polos lugares de Figueiroa de Arriba, Figueiroa de Abaixo, Rodeiro, Regueiro, Pedregal, Vilabrasil e Vilar). 


     Logo de tres anos de enfrontamentos entre absolutistas e liberais, en 1840 tivo lugar a destitución do concello de Cereixo, solicitando que o nome do concello fose A Estrada, aprobándose a mudanza o 23 de xaneiro de 1841.



     
     O partido xudicial da Estrada inclúe ós concellos de Forcarei e Cerdedo.



     
     O 6 de xullo de 1859 concedéuselle á Estrada o título de Vila por Real Decreto. En 1878, o rei Alfonso XII outorgou ó concello o tratamento de Ilustrísimo, e en 1912, o seu fillo Alfonso XIII, o de Excelentísimo.



     
     Ata 1940 editouse na vila o xornal El Emigrado.



 
Liripio
     San Xoán Bautista de Liripio é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2009 tiña unha poboación de 79 persoas (43 mulleres e 36 homes), distribuída en 6 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1986 cando contaba con 139 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 210 persoas.

MAPA
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901