MUIÑO DE SANTA ISABEL
OUTEIRO DE REI
RÍO MIÑO
LUGO
OUTEIRO DE REI
RÍO MIÑO
LUGO
Dentro da arquitectura popular do Concello, o muíño representa un papel significativo. A súa funcionalidade económica é evidente, o gran foi a base da economía tradicional e a finalidade fundamental destas construccións foi precisamente a de moer o citado gran.
Pero a súa importancia tamén estriba en todo ese gran mundo de costumes e folclore que se desenrolou arredores del.
O muíño sempre foi un lugar de relacións entre os veciños, posto que cando acudían para moer reuníanse e moitas veces, quedaban de leria e de troula, cantando e bailando.
"Estas muiñadas" eran normalmente pola noite e tiveron un sentido de reunión festiva.
Actualmente estas costumes desapareceron e o muíño só cumpre a súa
función practica, nos raros casos que seguen en funcionamento.
As caracteristicas xeográficas de Outeiro de Rei posibilitaron a súa profileración ó redor da importante rede fluvial existente no Concello.
As caracteristicas xeográficas de Outeiro de Rei posibilitaron a súa profileración ó redor da importante rede fluvial existente no Concello.
Dos ríos e dos regatos xorden os chamados muíños de auga ou de rego. Entre eles podemos destaca–lo "Muíño da Ponte", sito no barrio da Ponte, parroquia de Santiago de Gaioso, ó pé do río Ladra; "O Muíño de Santa Isabel", sito na marxe esquerda do río Miño, no Campo de Santa Isabel (San Xoán de Outeiro de Rei) e que foi construído no ano 1898; o "Muíño de Felpas" sito en Santa Mariña de Outeiro de Rei, nun estado de conservación regular e o muiño de Ximarás que situado na parroquia de Paz e o único muíño do municipio que na actualidade está en funcionamento
VIDEO
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901