Desde o románico espectacular da igrexa de Santa María de Cela ata a particular visión do mundo que quixo deixar plasmada Urbano Lugrís na capela de Santos Reis pasando pola maxestuosa igrexa de San Martiño de Bueu que vixía como con receo o peirao agardando inqueda a chegada dos piratas dos que chegaban novas da veciña Cangas ou agardando a chegada dos seus mariñeiros. Na capela de San Amedio ainda, cando o nordés bate no inverno, seméllase escoitar aquela fermosa cantiga medieval...
Amigo, se mi gran ben queredes,
id'a San Mamed'e veer-m'-edes:
Pois mi aquí ren non podedes dizer,
id'u hajades comigo lezer:
hoje non mi mençades, amigo.
Serei vosqu'en San Mamede do Mar,
na ermida, se mi o Deus aguisar:
hoje
non mi mençades, amigo.
Camiñando polas vereas da vila, á noitiña, aínda se pode sentir a inquedanza das xentes, un sentimento que cesa ó sentirse ó abrigo dos cruceiros. Estes fican quedos, vixiantes agardando a chegada dunha Santa Compaña da que ninguén sabe nada, ou da que ninguén quere falar....
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901