IGREXA DE SAN MARTIÑO DE CURBIÁN
CURBIÁN
PALAS DE REI
Curbián
San Martiño de Curbián é unha parroquia do concello de Palas de Rei na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo.
Segundo o IGE en 2009 tiña 86 habitantes, deles 45 eran homes e 41 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 104 habitantes.
Patrimonio
A igrexa de San Martiño de Curbián é románica do século XII ou comezos do XIII, con reformas do século XIX. De planta rectangular, composta por nave, capela maior máis elevada e sancristía pegada no lateral norte.
Frontis con porta de arco de medio punto, con columnas e capiteis, con ornamentación xeométrica o esquerdo e figurada o dereito.
No lateral norte ábrese outra porta de arco de medio punto con decoración. No lateral sur do presbiterio sitúase a antiga fiestra románica da primitiva ábsida derrubada no XIX.
Lugares de Curbián
Curbián, Pena Piñeiro, Ulloa
Comarca da Ulloa
A comarca da Ulloa é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Monterroso.
A esta comarca pertencen os concellos de Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei.
No ano 2020 tiña 8.879 habitantes, 4.430 homes e 4.449 mulleres.
O seu nome procede do río Ulla, que nace na comarca.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA











No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901