jueves, 11 de diciembre de 2025

IGREXA DE SANTIAGO DE CARRACEDO - CARRACEDO - A PEROXA

 IGREXA DE SANTIAGO

CARRACEDO

A PEROXA

     Igrexa de estilo barroco do século XVII con remodelacións posteriores.

      Localizada sobre un pequeno promontorio, con cemiterio e casa reitoral. 

     Posúe escudos pétreos, cornixa, pináculos e espadana, ademais dunha planta de cruz latina que ten os brazos do cruceiro circulares, rematados por unha lanterna. 

Carracedo
      Santiago de Carracedo é unha das parroquias máis grandes do concello ourensán da Peroxa. 

      Segundo o INE en 2008 tiña 206 habitantes (91 homes e 115 mulleres), distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2000 cando tiña 275 habitantes.

Festas
      A primeira fin de semana de febreiro celébrase San Brais. A segunda fin de semana de setembro celébrase a festa na honra de Nosa Señora do Amparo. 

      Tamén hai outras festas durante o ano, como o Amparo pequeno en maio, a festa do emigrante no verán ou o magosto en novembro.

      En xullo de 2008 celebrouse o primeiro festival Amparock, con catro grupos de rock, un dos Peares, un de Coles, e dous de Ourense.

     O campo do Amparo, é unha carballeira que dispón de mesas e bancos de pedra, fonte, baños, e grella.

Lugares de Carracedo
      Areas, As Barras, Barrio, Carracedo, O Coto, Diarada, Outeiro de Carracedo, Pacio, Pedreir,| A Recheda, Reza, Ribas, San Martiño, San Paio, Sandamiro, Solleira, Vilaboa, Vilamaior, Vilar de Carracedo 

Comarca de Ourense
      A comarca de Ourense é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Ourense. 

      Pertencen a esta comarca os concellos de Amoeiro, Barbadás, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, Ourense, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén e Vilamarín.

      Limita ao norte coa comarca de Chantada (Lugo), ao nordeste coa comarca de Terra de Lemos (Lugo) e comarca da Terra de Caldelas, ao leste e sueste coa de Allariz-Maceda, ao sur coa de Celanova e ao oeste coas do Ribeiro e Carballiño.  

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901