viernes, 12 de octubre de 2012

IGLESIA DE SAN SALVADOR DE GUIZAN


IGLESIA DE SAN SALVADOR
GUIZAN
MOS 

  
     
     En Mos atópanse abundantes restos arqueolóxicos que son testemuña dunha intensa ocupación do territorio dende a Antigüidade, como o castro de Torroso


     Aínda así, desde a existencia de poboados prehistóricos documentados pola presenza do Campo de Mámoas e a Pedra Cabaleira (dolmen con restos de corredor incipiente) non hai mais datos ata a romanización. 


     Nesa época transcorría por Mos a vía romana XIX, que unía Braga con Lugo e Astorga.

 

     As dez parroquias da parte máis alta do val da Louriña estaban divididas, durante o Antigo Réxime, en tres xurisdicións distintas. 


     O Conde de Salvaterra administraba as parroquias de Cela, Dornelas, Petelos e Sanguiñeda, mentres que Louredo, Guizán, Pereiras e Tameiga dependían do Conde de Maceda, que era o propietario do Pazo de Santo Antoíño. 


     Pero a casa máis influínte nestas terras era a do Marqués de Mos, que tiña baixo a súa xurisdición as parroquias de Mos e Torroso.

     
     Entre 1685 e 1686 Gabriel de Quirós recibe o título de Marqués de Mos de mans de Carlos II; Desde 1776 ten grandeza de España, mercé outorgada a Benito Correa e Sarmiento, cuarto marqués de Mos. 


     A partir dese momento e ata principios do século XIX a parroquia de Mos comezou a utilizar o título de vila. 


     A mediados do século XIII era coñecida como o nome de Molis.

 
     En 1810 únese o marquesado de Mos ao de Valadares, ao morrer este sen descendencia, e en 1908, ao falecer o marqués da Veiga de Armijo e de Mos, pasa a propiedade a unha sobriña, María Vinials, marquesa de Ayerbe.


     Coa creación dos primeiros concellos constitucionais en España, no ano 1833, xorde tamén o de Mos, formado desde o primeiro momento polas dez parroquias que ten na actualidade. 


     O cambio máis importante produciuse en 1935, co polémico traslado da capital de Mos a Petelos.


     Mos conta con abundante patrimonio arquitectónico espallado pola súa xeografía.


     O pazo de Mos, recentemente restaurado, deu nome ao municipio e baseouse no seu escudo o actual brasón da vila. Data do século XVI. Na parroquia de Louredo está situada o pazo de Santo Antoíño, con orixe no século XIV pero reconstruido no XVIII (cunha capela do XVI)
 

     Conta ademais con moitas igrexas repartidas polas súas parroquias, entre elas a igrexa de Louredo, que conserva o seu tímpano románico, aínda que reformada no século XVIII. 
 

     A igrexa de Guizán tamén conserva a portada románica e a igrexa de Sanguiñeda, que data do ano 1685, conta con esculturas que se cre que proceden dun templo románico anterior.


     O municipio estaba atravesado na época romana pola vía Braga-Santiago, da que hoxe aínda se conserva un miliario romano.


     Ademais, o concello ven restaurando, dende a anterior lexislatura, os abundantes muíños abandonados dende fai décadas.

MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901