lunes, 8 de octubre de 2012

EN TEMPO DE NOIVOS - CRENZAS

EN TEMPO DE NOIVOS

CRENZAS




     Para atopar parella mozos e mozas acoden ao santuario de San Andrés de Teixido. Alí compran a erva de namorar, a "namoradeira", beben nas fontes santas, aquelas que nunca se secan e que nacen segundo a crenza popular debaixo do santuario ou debaixo do sepulcro do santo ou da santa a quen está adicado o santuario.

 
      Fan nus nas uces que rodean certas ermitas como a de San Antón do Xeiteiro na parroquia de San Lourenzo de Fustáns, concello de Gomesende. Se logran facer o nu con unha man soa é sinal de matrimonio dentro de aquel ano. As mozas levan na cabeza olas sen suxeitar coas mans querendo demostrar con elo que xa son mulleres preparadas para o matrimonio. 
     Fanlle feitizos aos mozos para que non as deixen, danlles a beber, ao mozo que queren atraer, un licor mesturado con gotiñas de sangue de muller menstruante, crendo que así fan nacer no mozo fondos desexos da moza. Recollen osos de defuntos nos cemiterios, cócenos e danllos a beber ao mozo, mesturado o composto con viño. Tamén lle dan pó con auga, cabelos queimados.


 

     Para conseguir o cariño do mozo acoden a certa mulleres adiviñas ou sabias, quen lles dan receitas.
     Recollen ervas na noite de San Xoán, cócenas en viño e aqueles ungüentos danllos a beber ao mozo. Acoden aos santuarios de San Eloi, e de San Eliseo e de San Gonzalo, tiran pedras a un burato existente perto da capela ou ermida ao tempo que din: "San Eliseo,casar quero...". Se a pedra entra no burato ou rendixa que ten no interior do pozo é sinal de que a romeira casará aquel ano.
 


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901