sábado, 13 de octubre de 2012

PETROGLIFOS DE PENIDE - REDONDELA


PETROGLIFOS DE PENIDE
MONTE PENIDE
REDONDELA
     
     Os gravados rupestres deste concello distribúense perifericamente nas elevacións que rodean o val regado polo río Alvedosa, curso de auga que atravesa as terras que o configuran. O igual que sucede no resto de Galicia o repertorio iconográfico é maioritariamente de carácter xeométrico e decir, a base de puntos, liñas e unha abundante representación de motivos curvilíneos, círculos e espiraliformes. Sobresaen tamén as representacións de armas e as escenas con cuadrúpedes. 

     
     Distribuénse polo norte nas estribacións do "monte da Peneda" nos límites co Concello de Soutomaior, na sua ladeira occidental , onde se atopan varios grupos de combinacións circulares, algún deles xa desaparecido. Tamén atopamos circulares non lonxe desta localización no camiño que une O Viso con Nogueira.


     No noroeste destaca o conxunto da Pedreira, un dos mais interesantes do val, na parroquia de Ventosela, con abundancia de combinacións circulares, onde sobresae un panel con representacións de cuadrúpedes, algúns deles montados, escena dominada por unha gran figura de équido cabalgado por un personaxe.

 
     Pero sen dúbida os petroglifos máis coñecidos son os do monte "Penide" no sudoeste do municipio, preto dos lindeiros co Concello de Vigo. 


     Coviñas e liñas configuran as superficies existentes na acrópole e nas inmediacións do "monte do Castro" entre as parroquias de Cabeiro e Cedeira.



     Pero é nas inmediacións da necrópole megalítica, unha das máis interesantes de Galicia , onde atopamos os grupos máis importantes de gravados rupestres da zona.



     Abundantes coviñas e combinacións circulares xunto a algunha representación de cuadrúpede preséntanse na estación que nas publicacións sobre os petroglifos da zona asume o nome de "monte Penide", situado no Nordeste da necrópole megalítica configurando un conxunto moi diminuído por canterías e traballos diversos realacionados coas instalacións de tendido eléctrico que atravesan o espacio ocupado polos enterramentos prehistóricos en dirección Este-Oeste.

MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901