martes, 2 de octubre de 2012

MARÍA CASTAÑA

MARÍA CASTAÑA
LENDA


     
     "En tiempos de Maricastaña"... Esta expresión tantas veces usada y oída, bien podría tener su origen en una heroína del siglo XIV conocida como María Castaña . 
Se cree que fue la cabecilla de una revuelta contra la iglesia por los abusivos tributos que el  obispo de Lugo , Fray Pedro López de Aguiar, cobraba a través de su mayordomo y recaudador, Francisco Fernández. 
El Padre Risco en su obra "España Sagrada" afirma que, el 18 de Junio de 1386, María Castaña y sus dos hijos confesaron haber dado muerte al mayordomo del obispo. 
 
     Arrepentidos por las injurias y delitos cometidos contra la iglesia, donaron a esta las posesiones que tenían en el Coto de Cereixa, en tierras de Lemos, así como mil maravedíes, bajo la promesa de no hacer más daño a la Iglesia de Lugo y de prestar su ayuda a los recaudadores del obispo."
 



     Existen persoas que consideran que esta muller existiu realmente e outras que a teñen por un ser pertencente ó mundo da fantasía e da imaxinación.
 
      Os que a cren un personaxe real afirman que viviu en Lugo a finais do século XIV e que encabezou unha revolta no ano 1386 contra o bispo Pedro López de Aguiar; baséanse para isto no testemuño recollido nunha obra titulada España Sagrada de P. Risco, onde se di:
 

     
     "No arquivo episcopal, no tomo I de pergamiños, encóntrase un instrumento de recooñecemento e satisfacción, dado o 18 de xuño de 1386, no que María Castaña, muller de Martín Cego, Gonzalo Cego e Alfonso Cego, confesan que lle fixeron moitas inxurias á Igrexa de Lugo e que mataron a Francisco Fernández, mordomo do bispo. Para satisfacción destes deliuctos doaron á catedral tódalas herdades que tiñan no couto de Creisa e obrigáronse a pagar mil maravedís de moeda usual, xurando que non farían dano endexamais, senón que antes axudarían de alí en diante ós recadadores da igrexa e do bispo''.

     Pola súa parte, o Diccionario de seres míticos galego recolle a María Castaña ou Maricastaña como unha muller equivalente a Brancaflor, a filla máis nova das tres que tivo o demo, ou o mesmo que Auburn Mary, protagonista do relato británico 'A batalla dos paxaros'. Hoxe queda a frase feita 'ser dos tempos de María Castaña' moi empregada para expresa-lo significado consistente en ser moi antigo. Trátase dunha fórmula anterior ó cristianismo que fai referencia ós tempos míticos, ou da historia e antes do patriarcado, é o mesmo que dicir, por exemplo, 'cando os animais falaban'. Estas expresións teñen as súas equivalencias noutras linguas como 'cando os pitos tiñan dentes' (bretona), ou 'hai moitos miles de anos' (tibetana).
 



SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901