viernes, 12 de octubre de 2012

LAXE DO CUCO - COTOBADE - CERDEDO COTOBADE


LAXE DO CUCO
COTOBADE
PONTEVEDRA


     En Cotobade hai unha importante riqueza de restos arqueolóxicos, sobre todo de gravados rupestres e castros, á parte dalgúns vestixios de tallas da época paleolítica e megalítica. 



     Nembargantes os restos máis abundantes son os petroglifos, dos que se coñecen numerosos exemplos (máis de 150), moitos deles atribuídos á Idade de Ferro ou á de Bronce.


     Como soporte teñen dous tipos de perfiles: en “u” ou en “V”. Os primeiros son os que se teñen por prehistóricos e probablemente se fixesen golpeando con cuarzo. 


     Os da época histórica fixéronse con algún artefacto metálico. Os motivos abstractos e xeométricos son moi numerosos. 


     Os máis sobranceiros están nas parroquias de San Xurxo de Sacos (Pedra do Lombo, Laxe do Cuco, Eira dos Mouros, Pedra das Ferraduras, Laxe dos Cebros,...) e Viascón (Portela da Laxe e Laxe das Coutadas).


LAXE DO CUCO: 
     En outeiro do Cuco, San Xurxo de Sacos. Situado sobre unha rocha plana de granito, cas dimensións de 3,40 x 2,50 m. 


     Representan figuras de cérvidos, combinacións circulares e cazoletas. 


     Un dos grupos componse de tres cérvidos. O primeiro únese polo rabo a un círculo con cazoleta central. Posiblemente represente o tema do cervo que arrasa o disco solar. 



     De ser certa esta hipótese estes gravados serían da Idade de Bronce, na que se atopan concepcións sacrales sobre o cervo e o cabalo.

VIDEO
MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901