IGREXA DE SAN FIZ
LOIS
RIBADUMIA
PONTEVEDRA
LOIS
RIBADUMIA
PONTEVEDRA
OS PAZOS
Os
pazos son residencias señoriais que adoptaban asentarse en zonas
destacadas onde fose fácil o control das terras alugadas e, ao mesmo
tempo, puidese ser visualizado polos campesiños.
Trátase de edificacións
privadas que non se poden visitar.
En Ribadumia hai tres pazos:
- Pazo de Barrantes: Finais do s. XV e comezos do XVI; sufriu dous procesos de reconstrución. Destaca a presenza dun enorme hórreo e a capela.
- Pazo da Pedreira: Erixido durante a segunda metade do s. XV, sufriu distintas reformas. Destaca unha imaxe da irxe da Anunciación situada na fachada principal do pazo e a capela.
- Pazo do Monte: Orixinario do s. XVIII, actualmente atópase en estado de abandono. Destaca a casa, que mostra modificacións notables nos lenzos das súas fachadas e a capela.
Igrexa de Santa María de Besomaño: Na súa orixe foi unha igrexa románica, pero sufriu unha modificación no s. XVIII, o que produciu cambios substanciais no seu conxunto.
Igrexa de San Xoán de Leiro: O elemento máis antigo conservado desta igrexa é unha fiestra con arco de ferradura que pertence ao período prerrománico. Unha peza singular e de valor artístico, é un referente para o estudo da arte galega. A igrexa sufriu unha remodelación barroca no s. XVIII que alterou bastante a construción orixinal.
Igrexa de Santa Baia de Ribadumia: é unha igrexa de orixe románica, pero apenas conserva elementos desa época posto que sufriu unha reconstrución a comezos do s. XIX.
Igrexa de San Clemezo de Sisán: Construída no s. XVI, ampliouse XVII producíndose a remodelación do conxunto.
VIDEO
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901