IGLESIA DE COUSO
A ESTRADA
PONTEVEDRA

A ESTRADA
PONTEVEDRA
Santa María de Couso é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada.
En 2006 tiña 240 habitantes, 14 menos que en 1986.
PATRIMONIO:
A ponte románica de Ponte Vea sobre o río Ulla (antigo paso da estrada
C-541), de seis arcos, está representada no escudo do concello da
Estrada. Une A Estrada e o val de Vea con Santiago de Compostela. Ao
seu lado construíuse unha nova ponte para dar facilidade ao tráfico até
a vila, xa que a antiga só mide 2,5 m de ancho.
A Igrexa parroquial ten unha mestura de estilos arquitectónicos. Na parroquia hai dous cruceiros con figura, un en Sequeiró e outro en Maindo.
A Casa forte de Maíndo (século XVI), foi a primeira residencia do Capitán Xeneral do reino de Galicia, Pedro de Cisneros, chegado de Castela. Herdeiros deste gobernador emparentaron co Conde de Ximonde que chegou a ser dono dunhas importantes pesqueiras de salmón. Atópase moi ben conservada, e na actualidade é propiedade da familia Lissarrague.
O couto salmoneiro de Couso, mais coñecido como Xirimbao, pertence ao
río Ulla. Conta cunha pasarela peonil de aramio (recentemente
restaurada) que une os concellos de A Estrada e Teo e dende a que se
pode observar todo o couto e unha grande parte da aldea de Maíndo.
LENDAS E TRADICIÓNS:
Cóntase que nesta parroquia naceu en 1835 Pepa a Loba, figura lendaria do bandoleirismo galego do século XIX.
Os entroidos dos Xenerais do Ulla están documentados dende 1780, coa mascarada da parroquia de Oca, dos que falaba o escritor Alfredo Vicenti. Seguiu esa tradición a través dos tempos, agás no período da guerra civil española.
Durante a segunda metade do século XX celebrouse un entroido conxunto de varias das parroquias do Val de Vea (Couso, Santa Cristina de Vea e San Xurxo de Vea), celebrándose na actualidade por separado.
En Couso celébrase anualmente, normalmente o 14 de agosto, desde 1995, a festa de música folk As nosas músicas.
Tamén se celebra a festa do escalo o primeiro domingo de agosto.
Na mesma organízase un concurso de pesca do mencionado peixe, así como a posterior degustación do mesmo e doutros produtos típicos da zona.
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901