BALNEARIO DO SAN XURXO
COTOBADE
COTOBADE
RIO LEREZ
Restos dunhas antigas instalacións adicadas a tratamentos minero-medicinais e augas sulfurosas a carón do río Lérez.
O poboamento das terras de Cotobade empezou en época bastante antiga, como testemuñan a abundancia de restos arqueolóxicos (mámoas, castros e insculturas rupestres) repartidos por toda a súa xeografía. Asimesmo quedan restos da época romana na calzada do Pé da Múa.
Entre os antigos monumentos históricos atópase no monte Castelo, que se estende polos límites de Borela, Carballedo, Tenorio e Viascón, a torre que noutrora se chamaba “Couto de Abade”, e da que quedan apenas vestixios, e os restos do castelo de Tenorio, que, a finais do século XV, pertencía ó señor de Soutomaior e Conde de Camiña, Pedro Madruga, e que foi derrubado polos “irmandiños”.
Este castelo resistíu o asedio de D. Pedro Álvarez de Soutomaior, cando regresou da súa estadía en Portugal, defendido tenazmente por Gómez Pazos de Probén, ó que finalmente traicionou un escravo mouro, revelando os puntos débiles da defensa, polo que Manuel de Brito, ó mando de cen besteiros, consegue entrar no castelo, dando morte ós seus defensores.
O Concello tivo a súa propia xurisdicción, na que o Duque de Soutomaior nomea xuíz ordinario, e que comprendía as actuais parroquias, agás a de Caroi.
No século X fundouse o convento de benedictinos de Tenorio.
A boa posición estratéxica deste causo que caese en mans do Conde de Camiña, quen destituíu o seu abade, Pedro Tenorio, sustituíndoo por un monxe de Lérez.
Este nomeameno ó non ser acatado pola comunidade trouxo como consecuencia o abandono do convento polos guerrilleiros durante a guerra da independencia, e acabou destruído ó incendialo ós franceses.
Na loita contra os franceses dode dicirse que Cotobade abriu a guerra, ó ataca-los seus habitantes ás guarnicións gabachas de Borela, San Xurxo de Sacos e Tenorio, o 19 de febreiro de 1809, obrigando a estas a renderse. Así mesmo, o día 20 fan baterse en retirada as tropas francesas de Pontevedra que acudían a se desquitaren da acción do día anterior. Posteriormente, o 28 do mesmo mes e ano, atacan a guarnición francesa de Pontevedra e o 7 de xuño toman parte na acción de Pontesampaio, contribuíndo a derrota das forzas do xeral Ney.
Nestes feitos destaca a utilización polos veciños de Cotobade do “Canón de Pau”, que consistía nun tronco furado e suxeito con argolas de ferro, e que resistía ata doce canonazos. Destes feitos, que fan que se coñeza a Cotobade coma terra do “canón de pau”.
Segundo a tradición Cotobade é berce de afamados canteiros. Traballaban por toda España, e coñecíanse coa denominación popular de “barrocos”; semella que esta denominación ten relación co estilo arquitectónico deste nome.
Entre estes cabe destacar o mestre Cerviño, natural de Aguasantas e autor dos cruceiros de Hío, Covelo, Ponteareas e outros, que di Castelao que “foi xenial, revolucionario, capaz de transforma-los pequenos curceiros en grandes calvarios ó estilo dos que se levantan na Bretaña”.
No monte do Seixo, preto do nacemento do río Almofrei, atópase unha antiga neveira, onde se apisionaba a neve, que transportada en cabalerías, vendíase no porto de Marín.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901