lunes, 8 de octubre de 2012

A RECADEIRA - LENDA

A RECADEIRA
LENDA

     
     Cóntase que unha vez un de Silán, indo para Mondoñedo, púxose a xantar cabo dun penedo ó tempo que un paxaro se arreconchegaba nel.; mirou para onde aquel paxaro se metera e, ó non ollar ningún burato nin longueiro, ergeu unha lousica pequena e, ó ergue-la, atopou un tesouro de moitos miles. 

      Tanta prata e ouro alí había, que asemade de facerse rico o descubridor, doou toda a prata con que están feitas as cruces parroquiais das igrexas do Valadouro.



      Na Recadieira é onde máis tesouros se atopan. Un que lle chaman Cacheiras atopou unha pedra de ouro que lle valeu 22 onzas. 

     Rosende Rubal atopou unha bola e dous bolos. Unha filla do Xaneiro, unha pedra coma un puño que deu a non sei quen, e este para non devolverlla, díxolle que se desfixera coma barro. 

     O Cabrito, un báculo de ouro po-lo que lle deron 9.000 reás, e contan que na Exposición de París xa daban máis de 60.000; era de cerca de un metro de longo con dúas bolas nas puntas, ocas, e gravada no medio. 

    O fillo de Roxa do Coto atopou unha pedra po-la que lle deron máis de corenta pesos. Outro atopou un aro coma un peso de ancho, pero non era de ouro.



SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901