A RAIÑA LUPA
LENDA
LENDA
Cóntanos a lenda que unha nao, non das que se achegaban habitualmente á nosa costa, senon cunha forma das que navegan po-las terras onde Xesus Cristo viviu, foi adentrándose nas nosas costas sen que ninguén a guiara.
Catro xoves vestidos de blanco ocupaban a nave xunto cun corpo sen vida ó que rodeaban. O vento foina empurrando ata a desembocadura dun río e foi subindo po-lo cauce ata que se detivo nas areas da ribeira. Os seus ocupantes saltaron a terra e ataron a barca a unha columna de pedra alí había.
Sacaron o cuerpo e depositárono sobre unha grande lousa de pedra que coma se fose de cera reblandeceuse e adaptouse á forma do cuerpo e acolleuno como se de un mol colchón se tratara. Ante tal prodixio a ese lugar e dende entón chamóuselle Pedrón.
Como alí non lles parecía un lugar apropiado para enterra-lo, o máis xoven deles decidiu pedir axuda para poder transporta-lo, mentres que os outros quedaban acompañando o corpo do seu mestre.
Comenzou a camiñar por un carreiro que partía do lugar no que estaban e seguiuno ata que, xa anoitecendo viu ó lonxe unha luz.
Dirixiuse cara alá e, no curuto dun outeiro, divisou unha construcción; chegou ata a súa porta e chamou con forza. Unha voz preguntoulle quen era e que quería a esas horas da noite, para molestar á súa señora, a Raiña Lupa; pero que si quería falar con ela debería esperar ata que chegase o novo día.
Ó amencer, a Raiña Lupa recibiu ó viaxeiro e preguntoulle que necesitaba. El pediulle un carro que lle permitiera transporta-lo corpo santo que acompañaban, ata un lugar no que darlle sepultura y díxolle:
— Deus envíate muerto a aquel a quen non quixeches recibir en vida. Acólleo e hónralo para que sexas honrada ó chegar a túa hora.
Ela, entre sonrisos, díxole que fora ver a Régulo, que moraba en Duyo e era o Grande Xefe e sacerdote da Ara Solis. Régulo en troques de axuda-lo fíxoo prender xunto cos seus compañeiros.
Ó chegar a noite, apareceu dentro da celda unha luz coma de vagalume e, abrindo un burato nos muros, permitiu ós catro navegantes abandonar a súa prisión e dirixirse a recolle-lo corpo abandonado no pedrón. Non pasou moito tempo cando viron que Régulo os perseguía.
Correron, pero non demasiado, porque cando os seus perseguidores estaban cruzando unha ponte sobre o río Támara ou Támbre, a ponte rompeuse e, con grande estrondo, todos caeron e morreron aplastados po-las pedras da ponte ou arrastrados po-las augas do río.
A nova voou entre as xentes do lugar e os navegantes dirixíronse de novo ó castelo da Raíña Lupa para pedirlle axuda e dixéronlle:
— Deus está connosco e será mellor que nos axudes; Necesitamos un carro e unha xunta de bois.
Aceptou ela, pero dixolles que alí no tiña bois e que si os querían tiñan que ir busca-los ó monte, onde poderían coller os que quixeran. Indicoulles cal era o monte onde tiñan grande cantidade de touros bravos.
Foron os catro homes e sucedeu que os touros mostraronse mansos e foron con eles dócilmente. Puxeron o corpo do seu mestre Sant Yago na carreta e, guiados por unha estrela, chegaron a un lugar chamado Libredón, onde sin que ninguén os vira enterraron o corpo.
Dícese que a Raíña Lupa, impresionada por estes feitos derribou o templo de Ara Solis e convertiuse ó cristianismo.
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901