lunes, 8 de octubre de 2012

MUIÑOS DE VENTO DE MONTE BEIRO

MUIÑOS DE VENTO
DE
MONTE BEIRO
VALGA
PONTEVEDRA
 
     
   Os alumnos das escolas taller Porto Piñeiro e Vikinga darán nova vida a estas construccións. No son das rodas dos muíños perdeuse un anaco de historia do pobo, que fluía ó compás dos ríos, das mareas e do vento. 


     Para recupera-lo labor que os muiñeiros facían da man da natureza, as escolas taller de Valga e Catoira están a traballar na rehabilitación destas construccións.


     Primeiro, para devolver ós veciños unha parte do seu patrimonio esquecido e, segundo, para crear unha nova escola das tradicións. Lonxe do seu fin orixinal, os muíños das novas xeracións terán un valor didáctico e turístico.

 
     Valga e Catoira verán rexurdir os seus muíños gracias ós alumnos das escolas taller. Aínda que nalgúns deles non se poderá recuperar a tarefa para a que foron concebidos, as novas construccións servirán para inculcar ós mozos o respeto polas tradicións. 


     Así, no municipio catoirense, aprendices de albanel, de canteiro e de forxa están a traballar no muíño de abaixo e no de Fontegaiteira. O paso dos anos deixou pegada nos muros de pedra, nos teitos e nos accesos ós edificios, que agora tratan de recuperar estes rapaces.

     
     Os alumnos da escola taller de Valga daránlle nova vida ó muíño de Monte Beiro. Pero a tarefa coidadosa destes mozos valgueses vai máis alá na recuperación do patrimonio artístico. Así, a súa tarefa exténdese á recuperación dos vellos lavadoiros, dos cruceiros e dos ancestrais petos das ánimas.

     
     Tra-la maleza quedaron moitos anacos de patrimonio, como é o caso da ponte romana de Catoira, que será rehabilitada unha vez se comprobe o seu estado de conservación. A recuperación da historia centrará parte dos traballos das escolas taller os vindeiros meses.


VIDEO
MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

2 comentarios:

  1. Son preciosos todos lo lugares de nuestra Galicia, y todos tienen historia
    bravo Xoan Arco de Vella!UN cordial saludo!!!

    ResponderEliminar

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901