sábado, 13 de octubre de 2012

MIMOSA - ACACIA DEALBATA LINK

Acacia dealbata Link.
Mimosa, chorín,
mimosa común, acacia, alcacia.

      
     É moi frecuente a beira de moitos ríos, realmente dende fai uns anos é unha  praga. Hai moítisimas sobre todo nas concas dos ríos Miño e Sil. 

     Hoxe podemos decir que é unha especie invasora; bioinvasora dirían algúns.

     Utilízase como ornamental e tamén en carpintería; en Galicia, ademais,  é utilizada para apuntalar terrapléns, para facer estacas para as vides, entre outras cousas.

     O máis bonito son as súas flores, de cor amarelo,  e cun cheiro moi agradable e particular.


Dimensións:
     Árbore de ata 20 metros. As raíces son oblicuas. 

     As follas teñen 12 x 4 cms.

     As flores son pequenas e amarelas.

     No seu lugar de orixe Nova Gales do Sur (Australia) é unha árbore que chega os 30 metros.


Identificación:
     As follas son pecioladas, compostas, bipinnadas, con 10-26 pares de pinnas e con 20-50 foliolos cada pinna. 

     Non ten problemas de identificación cando está en flor.

     Na fotografía vense as influorescencias típicas da mimosa; son moi numerosas como 20 ou 30 xuntas, de cor amarelo moi intenso e moi olorosas.

     Si non está en flor xa é máis dificil.

    De tódolos xeitos hoxe é tan abondosa que empeza a ser un problema polo menos na provincia de Ourense. Vese por tódolos lugares da provincia, é unha auténtica praga invasora.

    Os froitos, que saen por xuño e xullo son sámaras parecidas as fabas.

    O tronco ten unha corteza de cor grisácea e lisa.

    Según algúns amigos debéramos falar de planta bioinvasora, ou sexa unha planta intrusa que, fora de catividade, establece poboacións que se auto-rexeneran nun lugar ou medio situado máis alá do seu límite histórico de distribución


Habitat
     Sitúase en zonas máis ben baixas, ata 600 metros de altitude como moito, buscando zonas sin árbores ou lugares queimados. Non lle gusta nada a sombra de outras árbores. Os chan sempre acedos, evita os básicos.

     Non soporta os invernos fríos, as nevadas nin os ventos fortes.
 
     A verdade é que aparece como invasora en tódolos sitios, preto dos ríos, por exemplo o río Cerves está cheo na parte baixa, por Prexigueiro, así como o río Outeiro en Quines e Barcia, outra praga. Tamén en toda a conca do Maquiáns, afluente do Avía en Ribadavia.
 
     Mimosa no río Avia. Aquí as mimosas xa están a carón do río. 

     En Galicia é invasora de todo o litoral, así como as provincias da Coruña e Pontevedra. En Ourense toda a zona do oeste inda que seguindo o Miño e o Sil chega ata o Barco.

     No río Miño xa pasa de Chantada e no río Sil xa chega o Barco de Valdeorras.

     Salvase, de momento, a provincia de Lugo. Hai unha razón, a mimosa non quere sombra polo tanto de momento no Courel e nos Ancares non ten nada que facer. Esperemos que por moito tempo...


Interés: 
     Orixinaria de Australia. 

     Trátase dunha especie invasora (Ata 50 anos pode conservar a semente a súa capacidade de xerminación, realmente preocupante...).

     Introducida como ornamental. 

     Plantouse como cortavento para facilitar o voar das abellas.

     Outro dato, pouco coñecido é que Renfe plantouna como función estabilizadora para apuntalar terrapléns, por mor da tupida rede fixadora das súas raices no chan. Así pode verse na liña de Ourense a Vigo en moitos lugares. 

     A mimosa é rica en tanino polo que tamén se emprega para curtir.

     Tamén se utiliza en carpintería, pero non é boa madeira; hai que deixala secar moi ben e nin así.

     No Carballiño en Ourense celébrase a "Festa da Mimosa"  tódolos anos. Unha festa literaria importante. 

     En Francia seica se lle ten moito aprecio, así o 70% dos ramos de flores que se regalan levan flores de acacia.

     Tamén se utiliza, as flores concretamente, en perfumería. 
 

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901