viernes, 12 de octubre de 2012

CAPILLA DE SAN BLAS - CANGAS

CAPILLA DE SAN BLAS
A PORTELA
CANGAS
     
      Tamén coñecida como capela de Santa Magdalena, trátase dunha construcción do S.XII dunha soa nave e de ábside rectangular. Ten unha porta adintelada no muro meridional e outra no occidental cun tímpano. 


     O ábside contempla un único elemento decorativo, un carneiro sobre o que se atopa unha cruz de círculo central. O aleiro é soportado por canzorros románicos sinxelos e rematados con dous carneiros. Está localizada na Portela, nos límites co concello de Bueu.



     Esta igrexa tamén serviu durante séculos como punto de peregrinación daqueles que padecían o mal da lepra. A causa do seu deterioro, no ano 1598, o arcebispo Don Xoán de San Clemente mandouna derrubar, para ser posteriormente reedificada no S.XVII; conservando afortunadamente sobre o piñón testeiro do ábside o “ Agnus Dei”, que nos recorda a súa orixe medieval. 



     Erradicada a epidemia da lepra, esta ermida adícouse a San Blas bispo e mártir no 316 moi popular durante a Idade Media que exerceu a medicina. Un dos seus milagres sucedeu cando se atopaba no cárcere e unha nai levoulle o seu fillo esganado cunha espiña, para que lle devolvera a vida. 


     O ritual de petición empregado polos fieis consiste en colocar dúas velas cruzadas sobre a súa cabeza e tocarlle con elas a gorxa. Este santo represéntase portando nunha man as dúas velas cruzadas e na outra un peite de ferro, xunto co neno que salvou. A súa festividade celébrase o 3 de febreiro.


VIDEO


XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901