lunes, 8 de octubre de 2012

A FESTA DO BOI DE ALLARIZ - LENDA

A FESTA DO BOI DE ALLARIZ
LENDA








     Din as lendas que a corrida do Boi tivo a súa orixe nunha malfeitoria da colonia xudía que vivía na parte da vila que recibía o nome de Socastelo. Parece que os xudeus deran na teima de atrapalla-la celebración pacífica da procesión do Corpus, saíndo ó seu encontro cando as imaxes e o cortexo dos fieis se acercaba ó Socastelo, camiño da igrexa de Santo Estevo. Insultaban á xente, facían mofa das imaxes e dos símbolos relixiosos, metíanse cos curas e cos monagos, e todo remataba de mala maneira. Non se podía dicir que houbera mortos, pero feridos habíaos a eito.

     Aquilo tíñase que gobernar, pero ningúen sabía como. Entón é cando aparece Xan de Arzúa, home de convicciós relixiosas, ó que lle molestaba profundamente o comportamento dos xudeus, por iso, e para pór fin a este, decidíu saír un ano ó lombo dun robusto touro enmaromado e suxeitado po-los seus criados que ían provistos de sacos con formigas e cinza para tirar á cara dos xudeus irrespetuosos, que ó ve-la actitude decidida deste home desistiron na súa.




     En recordo deste acontecemento, tódo-los anos po-la festa do Corpus, corríase un touro enmaromado po-las rúas da vila, para o que Xan de Arzúa deixara parte do seu capital en terras, coas rendas pagábase o alugueiro do boi e dábase de beber ós mozos do sedeño. O Concello administraba os bens, sufragaba os gastos do boi e da festividade do Corpus.




     ¿Quén era Xan de Arzúa?  Xan de Arzúa non é máis ca un boneco de palla ou cartón, harmoniosamente vestido, que despóis de estar exposto ás miradas do público no balcón da Casa do Concello, é montado nun pesado boi que e percorre así, antes da saída da procesión de Corpus, tóda-las rúas da vila no medio do rebumbio, e animado bulir da xente, que non cesaba de encher a paus ó pobre animal e o seu xinete.

     (Xan de Arzúa) era un home acostumado a que o seu nome soase entre risos e ledicia, e quixo que despois de morto acadase igual sorte. Cousa que conseguiu deixando parte dos seus bens e rendas ó pobo que fora teatro das súas ledicias, coa condición de que tódo-los anos, o día de Corpus, o sacaran a pasear en efixie ó lombo dun boi. Deixou sinalada a carreira que tiña que levar, o punto de onde tiña que saír, encargando do cumprimento exacto da súa festiva vontade á xustiza do pobo.



MAPA



SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901