A CICUTA
CONIUM MACALATUM
Hoxe quérovos ensinar unha planta que creo que pode ter o seu
interese, a cicuta (Conium maculatum) Son consciente que as fotos teñen
escasa calidade, pero me parece interesante que saibamos distinguila,
vainos a vida en iso!
Da Familia das Umbelíferas, trátase dunha planta bienal, é dicir, o
primeiro ano crecen as raices e as follas e no segundo ano de vida é
cando desenvolve un gran talo, pode ser de tamaño dunha persoa, que se
caracteriza por ser oco e estriado, as flores son brancas e pequenas,
formando unha umbela de 10 a 15 cm de diámetro.
A cicuta áchase moi estendida e "convén" saber distinguila doutras
flores da mesma familia ás que se asemella, como son o apio,
perexil,angélica, hinojo e a zanahoria silvestre (todas comestibles)
Para non confundila o máis importante é o talo, que é o que pretendo
ensinar na foto, xa que ten unhas manchas cor púrpura moi
características e ademais a planta desprende cheiro a ouriños.
O tóxico principal é a coiína e a coniceína, e atópase en todas as
partes da planta, pero onde son máis abundantes é nas sementes cando
están aínda verdes.Algúns gramos de froitos son suficientes para
provocar a morte dun ser humano, os primeiros síntomas aparecen ao cabo
dunha hora, primeiro se poducen transtornos dixestivos, cefaleas,
vertixe, hipotermia, debilidade muscular e finalmente unha parálise
ascendente que empeza polas pernas e acaba producindo a morte por
asfixia!
Sinto o mal rolo do comentario de hoxe, pero como agora a cicuta está
en plena floración, pois iso, cuidadín, que ten perigo e non hai
antídoto!
Saúdos a todos e grazas!
Saúdos a todos e grazas!
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
dggdg
ResponderEliminar