TOXO
Ulex europaeus L.
Ulex europaeus L.
Descripción:
Arbusto moi espiñento. De 0,6 a 2 metros, con moitos talos ramificados, asurcados ou acostelados.
Ramiñas hirsutas (con pelos), con pelos grises ou pardo-roxizos. Espiñas finais de 12-30 mm, largas, robustas e dereitas. Carece de verdadeiras follas.Clase : Dicotiledóneas.
Familia: Leguminosas.
Situación actual e observacións:
Este é o toxo, a pranta que máis se recolle para botar nas cortes, onde se garda o gando. Alí, xunto coa bosta do gando faise o estrume, abono moi usado en toda Galicia.
Ollo, para botalo nas cortes había que apañalo cando ainda era novo e de pouca altura. Hoxe estas tareas xa prácticamente non se fan.
O toxo, actualmente, pódese considerar un invasor. A súa capacidade para agromar de novo cos lumes ou o ser comido é unha das causas.
Sin dúbida o toxo está a desplazar os pastizais; pero eso débese a despoblación de Galicia.
O toxo forma en Galicia as típicas toxeiras.
Bioloxía:
Flores algo olorosas e con peliños, cáliz amarelo; pétalos de 13-20 mm, amarelo claro.
Froito negruzco de 11-20 mm, moi veloso de semillas un pouco tóxicas.
Febreiro a xuño. As veces tamén en outono (por suposto refírese o toxo arnal).
En Galicia hai tres tipos de toxo, está é a razón pola que se dí que en Galicia, e dende logo é certo, o toxo sempre está en flor.
O toxo é de distribución atlántica dase en toda a fachada occidental europea.
Nomes:
Científico: Ulex europaeus. Linn.
En castelán: tojo, escajo, pino amarillo, aulaga, árgoma.
En galego: toxo, toixo, árgoma, touxo, etc.Distribución:
Galicia e o norte de Portugal. Nestes lugares é endémica.
O toxo tamén progresa onde o home abandona ou fai desaparecer os bosques.
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901