jueves, 11 de octubre de 2012

SANTUARIO DA NOSA SEÑORA DA GUIA

SANTUARIO 

DA

NOSA SEÑORA DA GUIA

COVELO 
PONTEVEDRA

     
      Polas súas paisaxes, a súa orografía e a súa natureza, Covelo é ideal para o turismo verde ou de natureza, pero tamén ofrece importantes monumentos históricos e lugares de interese que visitar, como o aserradoiro dos Carranos.

     

     O concello de Covelo ofrece un conxunto de lugares para visitar diferentes e particulares.

      Podemos dividilos en varias categorías:


 
      Lugares de baño: con encanto único como a praia de Maceira, praia de Barciademera, e lugares máis convencionais como a piscina municipal de Covelo.




 
      Patrimonio histórico: Covelo é o concello da zona con máis patrimonio histórico, as súas 14 parroquias contan cun grande número de monumentos: cruceiro de Covelo, o conxunto abacial de Barcia de Mera, a ermida de San Xoán do Mosteiro, son os máis emblemáticos, xunto cos xa mencionados no apartado de patrimonio historico. 




     Serradoiro dos Carranos utiliza a forza motriz da auga para mover as máquinas. Construído en 1922 consta de catro edificacións: o serradoiro, un sequeiro e almacén de madeira, unha pequena forxa e un pequeno almacén.



 
     Rutas de sendeirismo: Covelo é o sitio ideal para rutas, miradoiros naturais de situación extraordinaria, prados verdes, bosques autótonos, fervenzas, regatos; paraxes naturais de bondadosa beleza... estas características particulares convérteno nun lugar ideal para todo o que signifique práctica de turismo verde. O Concello de Covelo conta coas seguintes rutas: Ruta dos Carranos, Ruta Poza de Piñeiro, Ruta do Xabriña, Ruta Covelo Natura Aqa y Ruta Pedra do Lobo.




      Para os amantes da natureza: as serras do Faro e Suído, os ríos Alén e Tea, os seus afluentes e as súas fragas, son os valores que máis poden satisfacerlles.




       Rectoral de Fofe, exemplo de casa rural, que se levanta sobre as ruínas da orixinal casa do cura, construída no século XVII. A torre e o muro de cierre do patio construíronse segundo a inscrición que figura no paramento exterior da torre, no ano 1830.  
 



      Casa Museo Pazo da Cruz
este conxunto atópase na Hermida e constitue un dos mellores exemplos da arquitectura tradicional da comarca e é un expoñente da Casa Grande (casa solariega) galega do século XVII que conserva todos os elementos propios desa época: Portón de entrada con cruz e pináculos, patio empedrado con fonte (auga no interior, privilexio do clero e a nobleza, en outra época) vivenda principal, vivenda dos caseiros, escaleiras de pedra, cociña antiga con forno de pedra, “lareira”, “Alacenas” chan e paredes de pedra, habitacións con chans e divisións de madeira, cuadras, cobertizos, hórreo ...



      Casa Museo Leónides
nome que toma da familia propietaria desta vivenda tradicional en  A Graña Covelo. O actual museo foi na súa orixe a casa familiar dos Leónides e agora foi cedida pola familia. A vivenda pretende reflectir coa máxima fidelidade como vivían os habitantes da Graña ós que se lle atribúe unha orixe xudea-conversa. A Casa é semellante ás tradicionais pallozas galegas e ten máis de trescentos anos de antigüidade. É a única que se conserva na actualidade nesta parroquia covelense.


VIDEO
MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

2 comentarios:

  1. Xoan, eres una autentica maravilla en la fotografía y me gusta mucho el angulo y el encuadre que les das, te lo dice desde Fort Wayne..Indiana,,EE.UU un profesor de bellas artes, nacido en La Coruña

    ResponderEliminar

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901