lunes, 8 de octubre de 2012

LENDA DA FRANQUEIRA

VIRXE DA FRANQUEIRA

LENDA







     O concello da Cañiza está situado ó sueste da provincia de PONTEVEDRA, e ten unha poboación dun pouco máis de 7000 habitantes. 



     É unha terra de montañas e ribeiras, adornada polo verde dos bosques e dos montes, con moitisima vexetación formada por pinos, toxos, carballos, piñeiros, castiñeiros, é tamén moi rica na producción dos cereais, viño, mel e productos da horta.

     Nunha das súas parroquias, A Franqueira, hai unha engaiolante lenda do século VII, xeira na que os musulmáns invadiron Galicia, e está asociada á orixe do santuario da Virxe...



     A Nosa Señora da Franqueira, a lenda da súa aparición, a súa relación coas loitas entre mouros e cristiáns e outros ritos ben particulares fan da súa romaría unha das festas relixiosas máis típicas de toda Galicia...



     Nun monte da Paradanta apareceu, nunha espenuca, unha imaxe da Virxe, que estaba agachada no lugar polos veciños polo temor de que a roubasen os mouros. Alí permaneceu, segundo a tradición, ata que unha vella pastora que coidaba o seu gando observou unha luzada (das velas que lle puñan as xentes do lugar) e, ó se achegar a elas, descubriu a imaxe.

     Xurdiu unha discusión pola propiedade da efixie entre os veciños de Luneda e da Franqueira, xa que a cova quedaba na división de ámbolos dous lugares. Uns e mailos outros pretendían construír un santuario onde render culto á Virxe, pero o lugar da descuberta resultaba esgrevio de máis. Así que montaron a imaxe nun carro tirado por unha parella de bois, tapáronlles os ollos e deixáronos camiñar ó seu antollo. Alí onde parasen as bestas erguerían o templo.




      Os bois deambularon polo monte ata que atoparon unha saída , "franqueárona", (de aí lle ven o nome da Franqueira), camiñaron logo ata chegaren a unha fonte e nese lugar os veciños decidiron edifica-la primitiva ermida. 
 
      A imaxe da Virxe preside o altar do santuario, e no lugar onde se atopou, chamado "Cova da Vella", hai agora unha réplica en pedra.

 
MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901