jueves, 11 de octubre de 2012

IGREXA DOS MILAGROS DE REQUIÁN

IGREXA
DE
OS MILAGROS de REQUIÁN 
A ESTRADA 
PONTEVEDRA





     No 1836 A Estrada non pasaba de ser unha modesta aldea formada por media ducia de casas á beira dunha intersección de camiños polos que transitaban peregrinos camiño de Santiago procedentes de Portugal e Terra de Montes. 


     Así como os que buscaban os baños de Cuntis e Caldas ou as terras de Arousa.Co tempo esta pequena aldea empezou a gañar importancia debido ás transaccións económicas e mercantís que se realizaban nela, cambiando, a un tempo de nome, pasándose a chamar Estrada, como sinónimo de camiño ou vía.


     Nesta época e no territorio que actualmente comprende o Concello da Estrada, asentábanse cinco xurisdicións diferentes: Tabeirós, Codeseda, Vega e Oca, Viso e Vea, unidas en 1837 como "Ayuntamiento de Cereijo" que xa comprendía as 51 parroquias que compoñen o Concello na actualidade.


     Posteriormente, movementos revolucionarios en 1840 fan que toda a Corporación sexa destituída e que a nova xestora reivindique o nome de Concello da Estrada.

     
     A adhesión en 1875 á Monarquía de Afonso XII tivo como consecuencia que en 1878 pasase a ter tratamento de Ilustrísimo, elevándose en 1912 a Excelentísimo. 



     Nestes primeiros anos de século a vila contaba xa con iluminación pública, mercede ao salto situado no lugar de Pina en Aguións.

      
     Tamén comeza a saír á rúa prensa propia, do ano 1906 son "La Voz del Pueblo " e " El Eco Estradense"; logo virían "La Palanca" e "La Vanguardia". O 15 de setembro de 1920 viu a luz "El Emigrado", deixando de aparecer no 1940 por dificultades oficiais obvias, e así pouco a pouco, introducímonos nos tempos actuais.

 

MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901