miércoles, 10 de octubre de 2012

IGREXA DE SANTA MARIA - VILACHAIÑO


IGREXA DE SANTA MARIA
TEO 
VILACHAIÑO 
A CORUÑA



     Teo ofrécelle ao/á visitante un sen fin de posibilidades para o lecer. Actividades recreativas tales coma camiñada, caza, pesca...


      Percorrendo o Concello de Teo, son de visita obrigada os adros parroquiais, cada un con séculos de permanencia e a súa historia particular:
  • San Simón de Ons, de Cacheiras, co seu via crucis do século XVIII.
  • San Xoán de Calo, pertencente ó barroco, e do cal o escudo nobiliario pertence ós Condes de Altamira, señores de A Mahía.
  • San Xoán de Recesende: no seu camposanto levábase a cabo unha vella tradición, consistente en que tres mulleres, chamadas as tres Marías, facían dar voltas sobre a lápida dunha tumba ós nenos apoucados, para sacarlles o asombramento.
  • A igrexa de Luou, do século XIX. Esta igrexa foi trasladada a outro emprazamento xunto coa Fonte de Santa Margarida ou Santa Rita, que se conserva en óptimas condicións, e as súas augas son consideradas milagreiras ou curativas, xa que, co seu contacto, desaparecen as verrugas e outras afeccións da pel.
  • O adro de Santo Tomé de Vilariño, cunha necrópole da Idade Media.

 
     Cara o sur atoparemos varios mosteiros medievais: San Miguel de Rarís, Reis, Teo, Bamonde, e o adro de San Cristobo de Reis, do románico medieval.


      Existen numerosos cruceiros diseminados por todo o Concello de Teo, entre os cales cabe salientar o do adro de Teo, do século XVI, e sobre todo, o de Francos, do século XVI. Esta cruz debuxouna Castelao con gran precisión, preguntándose se os cruceiros non virían a Galicia a través do Camiño de Santiago, como antes viñeran as cruces dos peregrinos.



      Dentro desta mesma arte sacra, outra curiosidade constitúena os petos de ánimas, pequenos altares ó aire libre, diseminados por todo o concello, nos que se rende culto ós defuntos.



      En Bamonde, a casa reitoral ocupa un lugar destacadísimo na historia de Teo e de Galicia mesma. Alí durmiu, a noite do 22 de Abril de 1846, o Xeneral La Concha, antes de iniciar, ó día seguinte, a batalla de Cacheiras. 


VIDEO
MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901